Viveiro, 3 de outubro de 2014.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, quixo salientar este venres o apoio da Xunta de Galicia ofrece coa achega de máis de medio millón de euros (534.271,04 €) para impulsar diversos proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira da Mariña e Ortegal.
O parlamentario popular sinalou que gran parte destas axudas están destinadas a concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas. Salientou tamén que todas elas comparten un punto común: como é a súa a súa relación co mundo do mar e da pesca.
Balseiro gabou os esforzos da Consellería do Medio Rural e do Mar e o traballo desenvolvido polos equipos directivos dos GAC que se encargaron do asesoramento, estudo e aprobación das iniciativas subvencionadas e tamén o papel dos promotores dos distintos proxectos impulsados co obxectivo de promocionar, fomentar e poñer en valor os recursos relacionados coa pesca e co turismo.
Entre os proxectos produtivos financiados destaca a axuda a Talleres Cillero SAL, por importe de 150.000 euros, á iniciativa de multiaventura e medio ambiente Maremasma SL con 85.648,12 euros ou o apoio á conserveira Mar de Ardora SL para a posta en marcha dunha nova liña de produción para produto deshidratado en vexetais mariños (algas).
|
Proxectos produtivos |
||
|
|
||
| Proxecto |
Beneficiario/a |
Total |
| GAC1-124 «Maremasma» Multiaventura e medio ambiente |
Maremasma, S.L. |
85.648,12 |
| GAC1-119 «O Cabaliño do Mar»: centro de ocio infantil |
Centro Ocio Infantil Xove, S.L.U. |
30.064,69 |
| GAC1-132 Nova liña de produción para produto deshidratado en vexetais mariños (algas) |
Conservas Mar de Ardora, S.L. |
14.826,56 |
| GAC1-136 Envasado de peixe fresco |
Descaexport, S.L. |
16.845,99 |
| GAC1-147 Sendeiros no mar |
Actficom, S.L. |
43.784,40 |
| GAC1-129 Creación dun servizo de construción e reparación de buques |
Talleres Cillero, S.A.L. |
150.000,00 |
| GAC1-135 Venda, reparación e revisión de material de salvamento marítimo-pesqueiro |
Suministros San Ciprián, S.L. |
72.967,02 |
| GAC1-134 «Navalnor»-Habilitación naval |
Navalnor, S.L. |
33.579,10 |
|
|
447.715,88 |
|
|
|
|
|
No tocante aos proxectos non produtivos, as achegas financian distintas iniciativas impulsadas pola confraría de pescadores de San Cibrao, Barqueiro-Bares e polos concellos de Xove, O Vicedo ou Cedeira.
| Proxectos non produtivos |
|
|
|
|
||
| Proxecto |
Beneficiario/a |
Total |
| GAC1-127 «Portiño»: mellora do sector pesqueiro e marisqueiro da Confraría de San Cibrao |
Confraría de San Cibrao |
14.859,21 |
| GAC1-130 Mellora das condicións de traballo das mariscadoras do Barqueiro |
Confraría do Barqueiro-Bares |
12.322,00 |
| GAC1-139 «Xove mirando o Mar» |
Concello de Xove |
9.333,81 |
| GAC1-131 «O Vicedo sabe a mar» |
Concello do Vicedo |
21.289,75 |
| GAC1-144 I Exaltación do percebe |
Concello de Cedeira |
28.750,39 |
|
|
86.555,16 |
|
| TOTAL INVESTIMENTOS GAC-1 |
|
534.271,04 |
DINAMIZAR A ZONA COSTEIRA
En Galicia a Consellería do Medio Rural e do Mar é o ente xestor dos fondos europeos de pesca e como tal apoia economicamente aos proxectos seleccionados polos Grupos de Acción Costeira. Con estas axudas o Goberno pretende potenciar as fortalezas das nosas zonas costeiras e entidades do ámbito do mar e da pesca




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



