A Mariña, 9 de outubro de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, sinalou este xoves que a Xunta de Galicia vén de conceder axudas por preto de 100.000 euros para os servizos de orientación de emprego promovidos na Mariña lucense.
Máis en concreto, o Goberno galego achega os recursos económicos necesarios para que os concellos de Burela, Foz, Ribadeo, Viveiro e Cervo (este último xunto con Alfoz e O Valadouro) poidan contratar ou prorrogar ao persoal técnico que se encarga de realizar o asesoramento en materia de información, orientación e busca de emprego
Grazas ao apoio económico do Goberno galego estes profesionais especializados, que están en contacto e colaboración permanente co Servizo Público de Emprego de Galicia (oficinas de emprego), exercen as súas funcións desde a sede dos distintos concellos mencionados, onde executan distintas iniciativas dirixidas á mellora da capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas e incluso ofrecen apoio profesional personalizado, segundo as circunstancias dos usuarios que se achegan a este servizo.
Galicia volve a contar cunha rede pública de técnicos de orientación laboral composta por 462 profesionais. Co conxunto da provincia de Lugo estas axudas chegan a preto de 20 concellos cun volume de axudas autonómicas que se aproximan aos 317.000 euros, un terzo delas invístense na comarca da Mariña lucense.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



