Burela, 25 de outubro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, a través do CIM, organiza para o mércores, 5 de novembro, un curso formativo de creatividade para mulleres. Con el, preténdese dotar á poboación feminina das ferramentas necesarias para afrontar a situación actual de crise, permitíndolles promover unha actitude activa na busca de emprego e na posta en marcha de iniciativas profesionais. A actividade está dirixida a mulleres emprendedoras e levarase a cabo en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, na Aula de Familia da Casa da Cultura de Burela. As interesadas poden realizar xa as súas inscricións en horario de 8 a 15 horas de luns a venres no Centro de Información ás Mulleres, situado na Casa do Concello. Para anotarse é imprescindible presentar o DNI e non se admitirán inscricións telefónicas como ven sendo habitual noutros cursos.
Diana Durán García, concelleira de Servizos Sociais de Burela, explicou que “dende a nosa Concellería é un motivo de satisfacción presentar unha nova actividade formativa, ademais das que temos xa programadas ata o momento coma poden ser o taller de risoterapia, o curso de memoria do Programa Axilmente ou os cursos de bordado, bolillos, manualidades e bailes de salón. Seguimos a traballar para poder ofertar máis actividades e neste caso facémolo cun obradoiro de creatividade que está organizado a través do Centro de Información á Muller e que se levará a cabo o próximo 5 de novembro. Este curso está enmarcado dentro do programa Burela en Igualdade: Prevención, Sensibilización e Concienciación e ten como obxectivo promover a igualdade entre homes e mulleres, así coma previr o tratamento integral da violencia de xénero”.
A edil popular dixo que “a través deste curso preténdese o desenvolvemento persoal e a empregabilidade das mulleres para alcanzar a igualdade. Esta formación ten unha duración de 6 horas e impartirase por persoal especializado o 5 de novembro. Dende o Concello creemos que a creatividade é unha magnífica ferramenta para conseguir obxectivos e para ser capaces de desenvolver novas estratexias de aprendizaxe que conecten argumentos cognitivos e intelixencia emocional”. E engadiu que “desta maneira, entre os obxectivos deste obradoiro destacan o de descubrir a creatividade de cada persoa para resolver retos e problemas e o de fomentar a independencia e autonomía de mulleres e homes”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



