A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, estivo este xoves no Concello de Viveiro para facer entrega dos diplomas acreditativos de participación nos cursos do Fórmate en Verde, programa posto en marcha pola Deputación de Lugo. O acto contou coa presenza de 80 dos case 200 lucenses que, durante un ano, recibiron de xeito totalmente gratuíto amplos coñecementos teóricos e prácticos en aproveitamento forestal sostible. Foi grazas ás 18 accións formativas (13 cursos e 5 seminarios), que a Deputación puxo en marcha para potenciar o sector da industria forestal, que xa conta cun gran peso específico na provincia, especialmente nos Concellos costeiros, ao situarse nestes o 30% das empresas do sector da madeira que existen na provincia.
Lara Méndez destacou que a potenciación do sector e, en consecuencia, a xeración de novos postos de traballo, pasa pola “reorientación do sector cara novos modelos de xestión, que aproveiten ao máximo e de xeito sostible, as 500.000 hectáreas de superficie forestal da nosa provincia”. A Vicepresidenta tamén agradeceu aos asistentes “que vos sumarades á aposta da Deputación de Lugo pola produción ecolóxica”.
21 novas empresas
A Vicepresidenta, que estivo acompañada no acto de entrega pola Tenente de Alcalde de Viveiro, Isabel Rodríguez, fixo fincapé no éxito acadado por este plan de emprego, que permitiu a creación de 21 novas empresas en 16 Concellos da provincia.
Destas 21 empresas, ás que hai que sumar outras seis que están en proceso, 6 están centradas no sector forestal, localizadas nos Concellos de Viveiro, Vilalba, O Saviñao, Cospeito e Guitiriz. As restantes son 9 explotacións de gandeiría ecolóxica, situadas nos Concellos de Friol, Pol, Láncara, Pedrafita do Cebreiro, Muras, Quiroga e Cospeito; e outras 6 de agricultura ecolóxica en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e Sarria.
Punto final ao Fórmate en Verde
O acto de entrega de diplomas celebrado hoxe pon punto final ao programa de emprego Fórmate en Verde. Este plan, unha das 10 liñas de creación de emprego da institución luguesa, que contou cun orzamento de 1 millón de euros -cofinanciado nun 80% pola Unión Europea a través do programa Lug02-, puxo a disposición de desempregados, emprendedores, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia unha completa formación teórica e práctica para crear novas empresas, diversificar ou reconverter empresas xa existentes vencellándoas aos sectores da gandería e agricultura ecolóxica e no aproveitamento forestal sostible.
Foron en total 42 cursos e 19 seminarios nos que tomaron parte 1.400 persoas. En canto aos participantes, estes foron principalmente homes desempregados de entre 25 e 40 anos, entre os que destacou unha importante presenza de mozos con titulacións universitarias, especialmente en Enxeñería Agrónoma, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, ou mesmo Socioloxía ou Arquitectura.
Tamén é destacable o feito de que moitos dos participantes posuían terras propias, o que revela o interese xerado entre os lucenses pola produción ecolóxica como factor de xeración de riqueza e emprego.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



