Elorrio, 24 de outubro de 2014. – EROSKI lanza o novo EROSKI Club, un programa de fidelidade masivo e gratuíto para todos os clientes, con descontos ata do 15% en máis de 2.500 produtos, así como promocións e ofertas exclusivas, ademais de contar con todas as vantaxes do programa Travel Club. Coa nova tarxeta EROSKI Club, os clientes terán integrados nunha única tarxeta todos estes beneficios para as súas compras en calquera establecemento EROSKI: hipermercados, supermercados, tenda online, viaxes, ópticas e telefonía móbil. Pero ademais, con esa mesma multitarxeta, poderán acumular puntos Travel Club en toda a rede de establecementos adheridos ao programa.
A partir do próximo día 30 de outubro, facerse socio do Club será instantáneo e gratuíto en calquera tenda EROSKI, nas propias caixas ou no mostrador de información. Un programa de fidelización co que EROSKI prevé alcanzar o millón de socios antes de que finalice o presente ano.
Aforro transferido aos consumidores
Coa posta en marcha de EROSKI Club, a cooperativa espera aumentar un 30% a transferencia de aforro ás familias, ata superar os 100 millóns de euros. Para o director de Mercadotecnia de EROSKI, Martin Gandiaga, “o aforro converteuse hoxe nun factor importante para os consumidores e en EROSKI buscamos novas formas de xerar aforro aos nosos clientes sen baixar un ápice a calidade dos nosos frescos e a amplitude de variedade coa que estamos comprometidos para unha maior liberdade de elección”.
Durante o pasado ano EROSKI transferiu aos seus clientes 79 millóns de euros a través de sucesivas baixadas de prezos, promocións e descontos.
EROSKI Club representa un novo avance na transformación cara ao novo modelo comercial definido no Plan Estratéxico de EROSKI a 2016, “trátase dun dos proxectos máis importantes que lanzamos nos últimos anos e vai transformar a relación dos clientes coa marca EROSKI” afirmou Martin.
Beneficios económicos
A proposta de EROSKI Club polo aforro dos consumidores materialízase a través de catro vantaxes económicas principais: os ” prezo socio” descontados, ofertas exclusivas, puntos Travel Club e descontos personalizados.
A tarxeta EROSKI Club dará aos seus titulares acceso de forma directa a máis de 2.500 produtos de todo tipo con prezos exclusivos para socios con descontos ata do 15%. Serán descontos inmediatos sobre os prezos marcados no lineal e comunicaranse como “prezo socio”.
Ademais, a tarxeta contará cunha función “moedeiro” na que os descontos exclusivos para socios se acumularán e o cliente terá nunha única tarxeta todos os descontos á súa disposición para as súas compras en calquera das tendas EROSKI.
A iso se suma que os titulares da nova tarxeta EROSKI Club manteñen todas as vantaxes actuais do programa Travel Club, de forma que seguen acumulando puntos que poden cambiar por regalos, viaxes…
EROSKI Club contempla tamén un programa paralelo de vantaxes sociais para os seus socios que incluirá a participación en concursos e sorteos, convites a charlas e talleres sobre consumo responsable, degustacións e test de novos produtos, información para comprar mellor, servizos especiais, participación do consumidor en EROSKI,… de forma que o Club se converta no eixe vertebrador da relación entre os clientes e a marca.
Novo modelo comercial “contigo”
O lanzamento de EROSKI Club é un novo avance cara ao novo modelo comercial “contigo” definido no Plan Estratéxico a 2016 que, ademais de supoñer unha transformación física das tendas, supón un gran cambio cultural cara a unha organización totalmente focalizada no cliente.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



