19-10-14.- O Comité Galego de Apoio ao MST, constituído por Amarante Setem no 2001, organiza do 24 ao 26 de Outubro o X Encontro Europeo de Comités de amigos do MST en Mondoñedo. 10 Comités de 7 países estarán xunto cunha delegación do Movemento dos Sem Terra do Brasil analizando a situación de desigualdade no campo, o acaparamento de terras por multinacionais, a soberanía alimentar, o feminismo, e a relación entre o rural e o urbano.
O Encontro contará con dúas partes, un espazo aberto para tódolos públicos que querian coñecer a labor do Movemento dos Sem Terra e o impacto que está producindo o neoliberalimo no campo. E outro específico para o traballo de estratexias conxuntas entre todas as organizacións que traballan dentro dos Comités de toda Europa. Un espazo onde os comités se articulen e fortalezan en común para volcar ese traballo na cidadanía.
Actos previos: Charlas con Rosa do Carmo do MST
Para ás persoas que non poidan asistir e queiran coñecer de preto o Movemento dos Sem Terra e a loita pola terra fronte movementos especulativos e empresariais, temos previstas unhas charlas con Rosa do Carmo, coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador. Leva 15 anos no Movemento e o seu traballou estivo ligado ó sector de educación en formación no campo con mulleres, xóvenes e no impulso ás cooperativas. Rosa estará en varias comarcas de Galcia onde realizará charlas abertas e encontros con colectivos e coñecendo experiencias agrarias en Galicia os seguintes días:
− En Compostela: 14 ao 16 de outubro
− En Pontevedra: Charla na Casa das Campás ás 20:00
− En Ribadeo: o xoves 23 de outubro ás 20,30h. No Lavadoiro, rúa Fornos.
Crowfunding
Todos os comités están formados por xente voluntaria e con recursos limitados, asi que para organizar o encontro apostamos pola financiación colectiva, segundo o ideario de traballo colaborativo do MST. Para iso, lanzamos un crowfundin para tódalas persoas que simpaticen e queiran dar apoio ó MST. Este será principalmente para cubrir os gastos de estadía e traslados das compañeiras do MST que veñen do Brasil, o resto cada Comité cubre os seus gastos.
As persoas que contribúan recibirán un agasallo – recordatorio do MST e unha mención de agradecemento nun vídeo final que imos realizar. Nas charlas que se realizarán con Rosa podedes ter máis información sobre este tema.
Esta actividade se fai coincidir co Encontro da Plataforma Rural para poder establer sinerxías e reforzar a vibisilización e a loita común que é un rural vivo e a soberanía alimentaria.
Para ter información sobre todo o crowfunding, o MST e o Encontro podedes entrar en: http://amigosmstgaliza.wordpress.com/
Seguidenos en: https://www.facebook.com/AmigosMSTGaliza, ou @ApoioMST_galiza
Non deixedes de ver o vídeo da campaña, unha homenaxe a todas as persoas que loitan por un mundo mellor.O vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=C62CCtKqhfM
Para contactar
amigosmst.galiza@gmail.com ou en solidariedade@amarantesetem.org






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



