Perante a campaña electoral as municipais, de próxima apertura, prohíbese a actividade política en actos dos que puidese derivarse, como efecto colateral, a captación de votos. Así pois, aludirei ao que acontece fóra desas datas e é a tónica que dia si e dia tamen aparece nos médios de comunicacón. Non me refiro ás aparicións públicas nos medios de ministros e voceiros. Tampouco ás súas explicacións traídas polo pelos e que a realidade se empeña unha e outra vez en contradicir, ou ao precario interese con que lles escoitamos e que pasa sen transición do asombro á perplexidade, e logo ao menosprezo, cando nos decatamos, a pouco que coñezamos o tema, da distancia que media entre o seu discurso e a nosa percepción.
Non me refiro a unha decepción que deixou de afectarnos por reiterada, e tampouco á dúbida sistemática que nos asalta ao constatar que, cando improvisan por parecer doutos, non o fan mellor que calquera de nós se fosemos instados a disertar sobre a resurrección da carne ou, por ser máis mundano, sobre a honradez e o choriceo que pulula por todas partes. Ademais de que so fan leer o texto escrito por outros que a saber quen lles concedeu crédito.
Pasarei polo ás inauguracións de obras públicas, primeiras pedras, visitas e anúncios de obras e servicios que pululan dia si e dia tamen nos médios para tratar de enganar o mariñan como si este fose bobo ou tonto do cu.
Dicía Goethe que a orixinalidade non consiste en dicir cousas novas senón en facelo de modo distinto a outros, e aí está o miolo. É tal o calco dos políticos nas súas alocucións, que calquera discurso é apto para calquera simposio e aínda máis: nin sequera a través das súas palabras poderían facerse distingos por ideoloxía, idades ou sexos dos convidados a escoitalos. Non hai metáfora que nos saque da modorra para atender a unha ocorrencia, a un adxectivo imprevisto… Frases ao eloxios son exactamente os mesmos que pronunciou o alcalde doutro municipio a década anterior, o director xeral noutra Comunidade e, calquera que sexa o seu cargo, participará dese “relaxo” con que os mexicanos aluden ao moito falar para non dicir nada.
En resumen nos soltan o que poderiamos chamar un comodín sonoro. Porque responde a un mesmo clixé esa sucesión de tópicos cuxas únicas variantes radican nin sequera na énfase e, todo o máis, no acento. E sonoro aínda que, para o que dirán, sobraría un murmurio que non habería de traballar o seu negro o xefe de prensa correspondente. Aquí neste norte galego temos un diputado que non sabe facer a O con uncanuto e cada dia lee e firma opinions e comunicados por doquier feitos por o seu negro secretari que levou da sua vila para que disimulara a sua iñorancia no parlamento.
Si a comunicación supón como mínimo intención, cabe preguntarse cal é a súa máis alá de aparecer cando a audiencia é nutrida e co fin de subliñarse a si mesmos aproveitando a conxuntura. Para esa viaxe, mellor farían os políticos de aquí e de alá escenificando catro xestos en lugar de glosar o que ignoraban ata o minuto anterior e esquecerán o seguinte. Non visitan, inauguran ou miran o futuro solar outra cousa que a súa presenza, pero aí están unha vez máis, farfullando loanzas e encubrindo a súa inoperancia, o desinterese e a vampirización do esforzo alleo con catro cadelas ou algún que outro crédito oficial. Moitas veces nin iso.
Aí teñen vostedes o director xeral escusando a presenza do superior “por problemas de axenda”, ao Delegado, a Perico dos palotes e, un tras outro, por rigorosa orde de protocolo, empeñados en subliñar o extraordinario interese dun acto do que só coñecen o título; a “magnífica iniciativa” (sexa a que for) e a súa felicitación aos organizadores por un esforzo que sen dúbida tería sido menor de cristalizar o apoio en algo máis que eses minutos cos que capitalizar canto se poida sen dar pau á auga.
A día de hoxe, sígome preguntando por que se lles invita; mesmo a centolos, perceves e outras delicias gastronômicas pagadas por Xan Pobo , momento en que, entre inxestión e alterne, prodíganse en sorrisos a dúas meixelas. E non lles conto se hai fotógrafos, porque entón cegan coas súas poses aínda que se larguen pitando tras os flashes, quizais por evitar as interpretacións dalgún ousado. Ignoro por que permitimos que sigan exercendo de reinonas sentadas sobre un traballo que non contribuíron a incentivar, senón ás veces, e se me apuran, todo o contrario. Gustaríame asistir ás súas escusas por non ser outra cousa que fantasmas á captura do traballo alleo para facerse cribles e dignos de respecto aínda que, entón, estaría a falar doutros.
Non afirmarei que sempre aconteza como os conto, pero se coñecen o contexto, saberán de que lles falo. No caso contrario, asistan a un acto deses, tras as eleccións, e xa me dirán.
Otero Regal.


















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



