O sábado 4 de outubro ás 20.30 horas quedou inaugurada na Sala de Exposicións do Casino de Viveiro Club Náutico a Mostra de Debuxos e Pinturas do artista lugués, CARLOS MONTERO LÓPEZ. O pintor brindou aos presentes unha amena, clara e divertida visita guiada por cada unha das súas obras, un luxo inesperado e agradecido por todas e cada unha das persoas que aí estaban. Posteriormente, realizouse un brinde, unha distendida charla e a contemplación de tan interesante e creativa produción artística. A Mostra permanecerá aberta ó público ata o xoves 23 do corrente, en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas sendo a entrada libre e gratuíta. O Casino pretende facilitar aos viveirenses e habitantes de toda a Mariña o encontro con diferentes personalidades do quefacer cultural galego, como un modo de coñecer e valorar distintos aspectos da nosa identidade.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



