Burela, a 25 de outubro de 2014.- O Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Burela vai reducir considerablemente a superficie de territorio que a partires do un de xaneiro de 2015 tributará como urbana, e polo tanto aumentará a superficie que tributará como rústica.
O alcalde, José María González Barcia, asegurou que “a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal supón vantaxes que algúns continúan negándose a ver: a posibilidade de ampliar o Hospital, o acceso ó porto, a nova escola infantil, as dúas bolsas de solo industrial, etc., non serían posibles sen o PXOM. Pero ademáis hai outra cuestión: a rebaixa que se vai establecer na contribución en nada menos que nun total de 864.355m2, o que significa un 36% de superficie que antes tributaba como suelo urbano sen ter a condición urbanística de tal, superficie que agora, gracias ó PXOM, tributará como rústica”.
Barcia afirmou que “coas normas subsidiarias e coa normativa catastral de antes, eses 864.355m2 estaban considerados como urbanizables nas normas, anque sen dereitos de edificabilidade adquiridos, pero urbanos a tódolos efectos no que se refire ó catastro. Co PXOM, esta situación corríxese: tributará como urbano aquel solo que teña dereitos de edificación adquiridos, e como rústico aquel que non os terá nunca, por ser rústicos a tódolos efectos, e aqueles que no futuro poden ter dereitos de edificabilidade dos que agora non gozan”.
De feito, “segundo datos que se poden extraer do propio documento, a superficie total que pagará a contribución como urbana será de 1.510.927m2, cando antes da aprobación do PXOM era de 2.375.282m2. Pola contra, a superficie que tributaba como rústica era de 5.033.513m2, e agora será de 5.897.868m2, coa salvedade de que dentro desta última cantidade están incluidos un total de 523.079m2 de solo urbanizable que de momento tributarán como rústica, hasta que se desarrollen e adquiran a clasificación de solo urbano consolidado”, asegurou o alcalde.
“De feito, asegurou Barcia, a superficie total que tributará como rústica a partires do un de xaneiro de 2015 aumenta nun 17’17% sobre o que hasta agora tributa como tal”.
O alcalde manifestou que “esto demostra a enorme mentira que o PSOE, e máis concretamente o Sr. Llano, pretendían tender sobre os veciños do noso concello, facéndolles creer que o PXOM resultaba perxudicial a nivel de contribución. Eu reto públicamente ó PSOE e ó Sr. Llano a que mostren os seus datos, se teñen ‘arrestos’, e que os presenten ó público , como nós presentamos os únicos verdadeiros, os que se derivan do PXOM; e pídolles que o faigan con celeridade, porque levan tempo decindo que ían ter reunións con veciños e ainda non tiveron nin a primeira. O que acaban de demostrar é unha absoluta ignorancia do contido do PXOM e un afán de sacar rédito político da mentira e do engano”.
Finalmente, González Barcia indicou que “o concello xa recibiu o escrito do Catastro indicando o procedemento básico para levar a cabo a revisión catastral, e no indicado documento se fai constar que as modificacións producidas polo PXOM, como as que falamos, se levarán a cabo con efectos de un de xaneiro de 2015”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



