Segue o ciclo de cine “Dirixido por…” que programa o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA este mércores 29 de outubro coa proxección de “18 comidas” a partir das 20.30 horas no salón de actos do IES María Sarmiento coa presentación do seu director, Jorge Coira.
A entrada para a proxección deste segundo filme do ciclo é libre até completar o aforo.
“18 comidas” -estreada en España a finais de 2010-, leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo.
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90. A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano Barroso, ademais de participar na primira edición do Berlinale Talent Campus.
A súa experiencia inclúe cine, televisión, vídeocreación e teatro. No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran Liquidación e O Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O Ano da Carracha.
En televisión, ademais do seu labor en publicidade e videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en series como Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito nacional como El Comisario, RIS, Piratas ou Pelotas.
Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación ¿Qué Culpa Tiene el Tomate? (estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou Días de Reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.
Por outra banda o Colectivo informa que a seguinte actividade programada será un Cursiño de Lingua e Cultura que se desenvolverá en catro sesións os xoves do vindeiro mes de novembro, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
Participaran nesta actividade como relatores: Carlos Callón, expresidentes da Mesa pola Normalización Lingüística; a cantante Mª Xosé Silvar, máis coñecida como SES; o escritor Lois Diéguez e o museólogo Felipe Senén.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



