Cervo, 22 de outubro de 2014.- O Concello de Cervo celebra dúas décadas do Campionato de Tute que todos os anos ten lugar por estas datas. De feito, as partidas comezarán o próximo día 4 e desenvolveranse durante novembro e decembro. En canto ao prazo de inscrición, está aberto ata o venres 24 de outubro e pode realizarse na Casa da Cultura, no Concello ou no teléfono 686 970 388.
O edil de Deportes, Luis Guillén, asegurou que “o Campionato de Tute é unha actividade cunha longa tradición, o cal queda demostrado ao celebrar este ano a edición número 20, e con moitos seguidores, algúns deles incondicionais”.
O edil lembra que todos os anos se xuntan unhas 60 persoas ou incluso máis, distribuídos en equipos de catro parellas, agardando que este ano se manteña o nivel de participantes. Ao mesmo tempo, destaca que esta competición tamén é unha forma de apoiar á economía local xa que as partidas realízanse nos locais dos equipos, que adoitan ser bares e restaurantes do municipio, dinamizando a hostalería.
Guillén tamén lembra a vertente de socialización deste torneo, que “promove a relación entre veciños a través dunha actividade lúdica”. “Agardamos que siga sendo un éxito e que se desenvolva coma sempre, non bo ambiente de amizade e compañeirismo” remata o edil.
Cabe lembrar que este venres (19 h.), tras o peche do prazo de inscrición, terá lugar unha reunión na que se concretarán os detalles do torneo e se elaborará o calendario de enfrontamentos.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



