Lugo, 1 de outubro de 2014.- Os populares da Mariña lucense cifraron en máis de 2,2 millóns de euros o investimento da Xunta de Galicia en obras e novas dotacións tecnolóxicas no Hospital da Costa ao longo dos últimos cinco anos de presidencia de Alberto Núñez Feijóo.
Deste xeito quixeron salientar que o compromiso do Presidente da Xunta co noso hospital vai moito máis aló do impulso do Plan director para a ampliación do centro -cuxo contrato de redacción foi asinado onte e para o que se achegaran máis de 112.530 euros-.
O Goberno galego desenvolve un apoio que os populares cualificaron como permanente no hospital público comarcal e que se materializa noutras moitas achegas económicas que teñen servido e servirán para mellorar os servizos sanitarios que se lle prestan aos veciños da Mariña lucense.
“Hai políticos e sindicalistas interesados en negar esta realidade por intereses puramente electoralistas. Pero as cifras e as obras dos últimos cinco anos están aí e ninguén pode negalas. Grazas ao esforzo feito polos cidadáns, que as pagan cos seus impostos, e a unha xestión responsable a Xunta fomos quen de achegar en plena crise un investimento millonario para o noso hospital.
MÁIS DE 597.000 EUROS EN 2014
|
ANUALIDADE 2014 |
|
|
ACTUACIÓN |
Inversión |
|
SALA DE QUIMIOTERAPIA |
242.408,59 |
|
2ª SALA DE ENDOSCOPIAS (Vía rápida C.Colon) |
211.686,17 |
|
QUIRÓFANOS (Renovación) |
50.036,34 |
|
OFTALMOLOXÍA (Nova Unidade de Retina) |
30.805,57 |
|
URXENCIAS (Implantación de triaxe) |
18.933,75 |
|
REHABILITACIÓN (Segunda consulta) |
2.398,14 |
|
UROLOXÍA (Tecnoloxía laparoscópica) |
41.000,00 |
|
597.268,56 |
|
Só no que levamos de ano os populares sinalan que o Goberno galego está a levar acabo investimentos por valor de 597.268 euros, que é a cantidade que suman obras en plena execución, como a da nova sala de quimioterapia (cun investimento de 242.408 euros), a segunda sala de endoscopias, para implantar a vía rápida de control do cancro de colon (que contou cun orzamento de 211.686 euros)
A estas dúas actuacións teríamos que engadir as obras de renovación dos quirófanos, rematadas este verano, por valor de 50.036 euros, a nova unidade de retina en Oftalmoloxía, cun importe de 30.805 euros dos que o custe maior foi para a adquisición da tecnoloxía (láser, sonda ecógrafo, lentes, …), a implantación da triaxe en urxencias que supuxo un custe de 18.933 euros, a segunda consulta de rehabilitación, que dispuxo dun orzamento executado de 2.398 euros e a dotación ao servizo de uroloxía de material para a realización de laparoscopia, por valor de 41.000 euros.
LEXISLATURA POPULAR
|
LEXISLATURAS PARTIDO POPULAR (2009-2014) |
|
|
ACTUACIÓN |
Inversión |
|
REFORMA DA ÁREA DE MATERNIDADE |
800.000,00 |
|
REFORMA DA CUBERTA, RAMPLA, ZONA DE ESPERA DA RESONANCIA E ARQUIVO DO HOSPITAL |
518.793,10 |
|
NOVOS ECÓGRAFOS (Cardioloxía, Xinecoloxía, Radioloxía) |
169.000,00 |
|
RENOVACIÓN EQUIPOS DE ANESTESIA |
200.000,00 |
|
1.687.793,10 |
|
Desde que os populares teñen a responsabilidade de Goberno na Xunta, baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo tamén se executaron outras moitas actuacións, algunha delas prometidas polo bipartito pero que con PSOE e BNG non viron a luz. Este é o casa da reforma da área de maternidade (obras adxudicadas e rematadas por valor de 800.000 euros), a reforma da cuberta, rampla, zona de espera da resonancia e arquivo do hospital (na que se investiron 518.793 euros), a compra de novos ecógrafos (para cardioloxía, xinecoloxía e radioloxía por importe de 169.000 euros) e a renovación dos equipos de anestesia (cun custe de 200.000 euros).
Neste caso o investimento supera os 1.687.793 euros.
FÓRA DE XOGO
Segundo o Partido Popular, a belixerancia coa que os partidos da oposición e plataformas afíns reciben cada anuncio de Feijóo sobre o Hospital, amosa o nerviosismo duns señores aos que se lles acaba o discurso catastrofista.
Os populares insisten en que a realidade das cifras deixan fóra da xogo as críticas da Xunta de Persoal e emprazan aos sindicalistas que a integran a que deixen de enganar á xente e se poñan a traballar e se centren na súa tarefa, que para iso se lles paga, e non para facer seguidismo constante do argumentario do PSOE e do BNG.
MUDOS CO BIPARTITO
Aos populares non lles deixa se sorprender as críticas vertidas, tendo en conta que moitos dos actuais integrantes da Xunta de Persoal son os mesmos sindicalistas que permaneceron absolutamente mudos cando a inversión da Xunta bipartita no Hospital foi de cero euros, mentres que agora arremeten contra os que están levando acabo obras, proxectos e iniciativas en beneficio deste centro
Conclúen os populares poñen de relevo o cambio de discurso destes sindicalistas que, fai dous días daban por seguro que pecharía o hospital e lanzaban falsas alertas mentres que agora o que din reclamar é consignación orzamentaria expresa para as obras de ampliación, o que supón un avance. Atribúen este cambio de discurso, a que non teñen máis remedio que recoñecer o avance do Plan director e contundencia das obras executadas.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



