Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014.- Na mañá deste mércores unha representación da Plataforma cidadá Queremos Galego fixo unha lectura pública do “Manifesto por un compromiso real e efectivo co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega” ás portas do Parlamento de Galiza, denunciando o cinismo da Xunta que se evidencia no acto oficial montado para “celebrar” o décimo aniversario do PXNLG poucos días despois de renegar no propio Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás.
A poeta Marta Dacosta en representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a técnica de normalización Queca Carballo, en representación da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, a actriz Isabel Risco, o músico Mini, integrante d’A Quenlla, Goretti Sanmartín do BNG, Anxo Louzao en representación da CIG-Ensino, Marián Muíño en representación de APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia), Lucía Veciño en representación de Galiza Nova, e Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, leron este manifesto antes de entregalo no Rexistro da Cámara galega dirixido a todos os grupos parlamentares.
Queremos Galego denunciou deste xeito o desmantelamento do Plan e a política antigalego que aplica este goberno. Neste sentido, Marcos Maceira declarou “Que un goberno como o actual monte esta farsa para “celebrar”, os incumprimentos e retrocesos do PXNLG é unha humillación e unha burla a todo o pobo galego, ás persoas que falan galego e a aquelas que sen o falaren queren que existan condicións para falalo e transmitilo.”
Queremos Galego acusou a Xunta de organizar un acto “para se riren do doente” cando vén de renegar no Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás, cando o número de falantes de galego se reduce ano a ano (os últimos datos oficiais amosan unha caída de 13 puntos no número de galegofalantes en só dez anos), cando na realidade cotiá o galego non é realmente lingua oficial no seu propio territorio.
Así, Maceira indicou que “escudándose no empresariado que si utiliza a lingua galega a Xunta e a SXPL demostran a súa cobardía”, e lembrou que a Xunta eliminou todas as axudas existentes á galeguización da empresa, como evidencia o propio fechamento do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia pola falta de colaboración da SXPL (como a propia CEG denuncia no seu web: http://www.normalizacion.ceg.es/).
Coa entrega deste manifesto, Queremos Galego exixiu aos grupos parlamentares e especialmente ao Goberno da Xunta:
– Que retorne ao consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega.
– Compromiso explícito e efectivo co PXNL e actuacións lexislativas que desenvolvan o contemplado nas medidas do PXNL.
– Posta en marcha inmediata das medidas contempladas no PXNL, coa aprobación dun calendario que comprometa fases, prazos de execución, etc.
– Derrogación de todas as disposicións legais contrarias ao PXNL nomeadamente do Decretazo 79/2010 contra o galego, e as relacionadas co ensino e coa administración.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



