A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado 11 de outubro a RUTA VILAR DE MOUROS – PARADA DE LOR, na Ribeira Sacra, de 15 quilómetros e dificultade media. O prezo será de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. A saída farase ás 07.30 horas dende a Estación de Autobuses de Burela. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do venres 10 de outubro ás 13.00 horas. A organización aconsella levar botas e bastón e comida e bebida.
Ruta pola Ribeira Sacra con Pasada das Cabras
Ruta pola Ribeira Sacra con Pasada das Cabras
Relacionado
-
O Concello de Cariño abriu o prazo para inscribirse nunha xornada de iniciación á escalada, unha actividade que se desenvolverá na zona de escalada de O Cravadoiro (Miranda) o vindeiro sábado 14 de xuño
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá