De igual xeito que a fin de semana pasada e a anterior, un grupo de persoas visitan estes días a comarca da Mariña a pesar de aloxarse en Foz. Trátase dunha experiencia na que colaboran Amigos das Viaxes para a “promoción do turismo integral de toda A Mariña”. Os turistas visitaron Viveiro, o Monte San Roque; Burela e o Monte Castelo e a lonxa de pescado; Foz e a Basílica de San Martiño; o Conxunto de Sargadelos -a pesar de que a fábrica non teña actividade en fin de semana-; Mondoñedo, coincidindo coa feira e festa das San Lucas; Lourenzá e Ribadeo, ademais da Praia das Catedrais.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



