Un equipo de 57 traballadores dará formación e asesoramento especializado no campo das novas tecnoloxías nos 48 Concellos de todas as cores políticas que decidiron sumarse ao programa Innova-TE da Deputación. Con este novo servizo, o organismo provincial responde á demanda que lle trasladaron os propios Concellos, “que quedaron moi satisfeitos coa primeira fase do proxecto, na que contaron con 5 dinamizadores durante case un ano”, subliñou este venres o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Un dos asuntos aprobados na sesión de hoxe foi a posta en marcha deste plan que ten como obxectivo “seguir fomentando o uso da Administración electrónica e as novas tecnoloxías, e sacarlles o máximo partido”, explicou Martínez. Nesta segunda fase, a Deputación reforza o equipo, pois pasan a ser 57 dinamizadores sociotecnolóxicos, pero tamén o seu ámbito de actuación, pois, ademais de estar a disposición dos Concellos, desenvolverán actividades dirixidas aos veciños en xeral co fin de potenciar o uso das novas tecnoloxías e mostrar como se poden aproveitar todas as súas posibilidades a nivel persoal e laboral.
576 cursos e 5.000 persoas beneficiadas
Comezarán a traballar xa no mes de novembro e rematarán a principios de marzo. Entre outras actuacións:
– Impartirán un plan de formación de 576 cursos para os empregados municipais sobre temas como os trámites electrónicos, antivirus, ferramentas web, xestión de portais web, formación xurídica relacionada coas novas tecnoloxías ou posta en marcha de sedes electrónicas.
– Axudarán aos Concellos a resolver posibles incidencias nos equipos informáticos ou da rede.
– E tamén organizarán xornadas divulgativas e de sensibilización que chegarán a unhas 5.000 persoas e abordarán cuestións como o uso da administración electrónica, o comercio a través da Internet ou a navegación segura pola Rede.
Este novo servizo está cofinanciado nun 80% por fondos europeos a través do plan Innova-TE, polo tanto, a custe cero para os 48 municipios beneficiados.
Plan Invernal de estradas
A Xunta de Goberno acordou destinar unha partida de 71.600 euros á adquisición de 360 toneladas de sal, 30 para cada un dos 12 silos que a Deputación ten distribuídos noutros tantos municipios da provincia: Cervantes, Becerreá, O Courel, Ribas de Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita e Lugo.
Deste xeito, “comezamos xa cos preparativos para, como todos os anos, ter listo en novembro o Operativo Invernal da rede viaria provincial, cando se produzan as primeiras inclemencias meteorolóxicas”, asegurou o voceiro socialista provincial.
Como nas pasadas campañas, explicou, a Deputación contará cun amplo operativo formado por máis de 100 traballadores e 54 máquinas, que, xunto cos depósitos de sal, garanten o bo estado dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais durante o inverno e, con elo, a seguridade dos usuarios.
Bolsa formativa de artesanía
Outro dos asuntos aprobados foron as bases da convocatoria pública dunha bolsa formativa de artesanía de 12 meses de duración, “unha iniciativa coa que favorecemos a consolidación e profesionalización do sector artesanal da provincia e, con elo, a súa capacidade de xerar riqueza e emprego”, afirmou Martínez.
Novas obras para “reparar a gran chapuza do PP” en Riotorto
A Xunta de Goberno acordou adxudicar unhas obras coas que “seguiremos resolvendo a gran chapuza que fixo o Partido Popular co acondicionamento da estrada de Marco de Álvare ás Rodrigas”, subliñou o Deputado. Estes traballos complementarios ao proxecto inicial teñen un custe de máis de 96.200 euros e son necesarios para evitar derrumbes na estrada. Construirase unha escolleira para que non se descalce o terraplén e unhas cunetas que evitarán a acumulación de auga.
Estas obras en particular teñen un prazo de execución de tres meses. En canto á totalidade dos traballos, a Deputación prevé que estean rematados a primeiros de ano.
“Tivo que chegar este Goberno provincial para que os veciños conten cunha estrada en boas condicións de calidade e seguridade. O PP enganou durante anos aos veciños prometéndolles unha obra para a que non tiña nin terreos nin cartos; logo bloqueounas durante 2 anos máis, que foi o tempo que a Xunta tardou en resolver as expropiacións, e, non contentos, ata denunciaron as obras nos xulgados, que finalmente arquivaron a causa”, manifestou Manuel Martínez.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



