A XI MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DANIEL CORTEZÓN celebrarase no Teatro de Ribadeo entre o venres 12 e o domingo 16 de novembro cun prezo de cada entrada de 2 euros.
O venres 14 ás 21.00 horas HIPÓCRITA TEATRO representará “Emperador, que pensas? Fala!”, unha comedia de enredo con reminiscencias plautinas que recupera un dos recursos do teatro clásico, o coro, que cun estilo contemporáneo e desenfadado presenta de forma satírica os principais personaxes e ironiza sobre os acontecementos.
O imperio romano está en decadencia e o emperador Galerio ven refuxiarse á afastada cidade de Lucus Augusti. Entre as súas robustas murallas, Galerio séntese a salvo. Pero unha estraña enfermidade, unha esposa ambiciosa, un anfitrión que quizais non é o que aparenta, unha filla caprichosa… perturban a súa tranquilidade. O inimigo sempre está máis preto do que un sospeita.
O sábado 15 ás 20.30 horas ACHÁDEGO TEATRO porá sobre o escenario “O barco sen mariñeiro”, baseado no texto de Alejandro Casona (estrea en 1945), unha traxicomedia que enfronta dous mundos: o complicado das finanzas, feito de cálculo e artificio, e o mundo sinxelo dos mariñeiros,onde o home e a muller se realizan no seu traballo directo, en contacto coa natureza.
E o domingo 16 ás 20.30 horas, NOSTRUM CAI representa “Radio Universo”, unha comedia ambientada nunha Galiza futurista. Unha emisora radiando unha sociedade onde os nives de clonación alcanzan a perfección.