Dentro dos actos conmemorativos do Día para a eliminación da violencia contra as mulleres, o Concello de Ribadeo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, coa colaboración de ACISA, presentan o ESCAPÁRATE DE XÉNERO do GRUPO CHÉVERE, en catro comercios da vila este domingo 16 de novembro. Ás 12.00 horas, “Retratos de Mulleres: Miriam” en Tu & Tu (rúa Rodríguez Murias, 10); ás 12.30 horas, “Retratos de Mulleres: Lola” en La Moda Sport (rúa Reinante, 5); ás 13.00 horas, “Retratos de Mulleres: Yeni” en ANAIS MODA (rúa Reinante 16); e ás 13.30 horas LUGARES COMÚNS en PETITE TOE (rúa San Francisco, 20).






















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



