Ribadeo, 20 de novembro de 2014.- O colexio Sagrado Corazón de Jesús, en Ribadeo, pasou este xoves a formar parte das “Escolas amigas de Unicef” comprometéndose a axudar a promocionar os dereitos dos nenos. Firmaron este xoves o convenio con esta oenegué celebrando o 25 aniversario da proclamación destes dereitos.
Reuníronse todos no patio, tomaron a palabra a directora titular e as representantes de Unicef, leron un manifiesto e cantaron unha canción.
