Rinlo, 20-11-14.- Un grupo de rapaces e rapazas do IES de Ribadeo Gamallo Fierros tiveron na mañá deste xoves a oportunidade de profundizar na historia de Rinlo da man dun grupo de percebeiras/os dese porto ribadense. Eses profesionais serán os que ofrecerán unha visita guiada a Rinlo o vindeiro sábado, 22 de novembro a partir das doce do mediodía. A saída partirá da ponte de Rinlo e poderán participar como máximo 15 persoas. Estas dúas visitas guiadas, a deste xoves e a do sábado, son experiencias piloto, aínda que teñen a intención de facerse realidade nun futuro moi próximo. Este proxecto está promovido pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo e conta coa participación de Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, “e ten como obxectivo formar aos percebeiros e percebeiras como informadores turísticos de Rinlo, diversificar e complementar a súa economía familiar”.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



