A presentación do caderno nº 3 da colección CADERNOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO “CANCIÓN mitoloxía da Nai no Valadouro”, obra de Xesús Pisón, será presentada o venres 21 de novembro de 2014 ás 20.00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lorenzo de Ferreira do Valadouro. Intervirán Xabier Pardiñas, presidente do Seminario de Estudos do Valadouro, e Xesús Pisón, autor da obra.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



