Os senadores consideran “clave” as infraestruturas para contribuír a mellorar a operatividade do servizo, optimizar os tempos de resposta e reforzar a atención dos veciños da Terra Chá
Vilalba, 22 de abril de 2026. Os senadores do PP por Lugo –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- levan á Cámara Alta unha iniciativa a petición do PP de Vilalba para instar ao Goberno de Sánchez, dende a Comisión de Interior, a cumprir o compromiso adquirido no 2020 para a construción dun novo cuartel da Garda Civil na localidade.
Nese momento, o Executivo anunciaba un investimento de 2,8M€; pero os populares piden garantir a dotación orzamentaria que sexa necesaria para a súa execución. Tamén solicitan informar do estado de tramitación do proxecto e facer públicos os prazos definidos para a redacción, licitación e execución das obras. Así mesmo, esixirán adoptar as medidas necesarias para desbloquear calquera incidencia que teña provocado o atraso acumulado e garantir que as novas instalacións respondan ás necesidades actuais “mellorando as condicións de traballo dos axentes e a calidade do servizo prestado á cidadanía”.
Os populares lembran que “transcorridos 5 anos do anuncio, o compromiso non se chegou a materializar”. É máis, ante as preguntas dos senadores, “o Goberno de Sánchez nin ofreceu información pública sobre o estado do proxecto, nin un calendario concreto para a súa execución nin confirmou o mantemento do investimento previsto”.
A falta de avances nunha infraestrutura considerada estratéxica para a seguridade na comarca evidencia a necesidade de adoptar medidas para desbloquear a situación e garantir o cumprimento dos compromisos adquiridos. Polo que os populares, atendendo a unha demanda social e profesional, esixen ao Goberno de España concretar de forma inmediata o estado do proxecto, establecer un calendario de execución e proceder á licitación e construción do novo cuartel da Garda Civil en Vilalba.
SERVIZO ESENCIAL EN TERRITORIOS RURAIS
Os senadores do PP aseguran que “a Garda Civil desempeña unha función esencial na garantía da seguridade cidadá, especialmente en territorios rurais como A Terra Chá, con gran extensión xeográfica e dispersión poboacional”.
Nese sentido, consideran “clave” as infraestruturas porque contribúen a mellorar a operatividade do servizo, optimizar os tempos de resposta e reforzar a atención dos veciños. E engaden que “a mellora das instalacións redunda nas condicións laborais e de benestar dos axentes destinados no cuartel”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



