A Presidenta da institución provincial e o responsable da entidade galega asinaron un convenio de colaboración que permitirá manter a oficina técnica de referencia para os comerciantes da provincia interesados en mellorar a súa competitividade
Lugo, 22 de abril de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, veñen de asinar un convenio de colaboración polo que a institución provincial achegará 40.000€ á entidade galega. O obxectivo da axuda é o de financiar o mantemento dunha oficina técnica de información e asesoramento para os comerciantes da provincia interesados en mellorar a súa competitividade.
Situada no centro de Lugo –na Ronda da Muralla, 52- esta oficina ofrece entre outras cuestións: asesoramento xurídico, fiscal e administrativo; apoio na dixitalización, innovación e venta online; axuda na xestión empresarial e acceso á financiación; ou cursos formación e actualización. Tamén dá servizo ás asociacións de comerciantes que non dispoñen de estrutura propia, impulsa o emprendemento e organiza campañas e eventos co obxectivo de promocionar o comercio local.
“Grazas a esta achega fortalecemos un sector estratéxico pola súa capacidade de xerar emprego e o seu papel na dinamización económica e social do territorio”, valorou Carmela López. Explicou que “facémolo dotando aos comerciantes das ferramentas necesarias para afrontar os retos actuais, especialmente no ámbito da dixitalización e da competitividade, e impulsando á vez un modelo de colaboración eficiente no tecido asociativo, garantindo un impacto directo, visible e sostible”.
Pola súa banda, Seijas, loou a implicación da Deputación Provincial de Lugo co tecido comercial lucense, manifestando que “con esta achega garantimos a información e apoio aos empresarios e estruturas comerciais, aportando ferramentas fundamentais para garantir a súa competitividade, fomentar o emprendemento e promocionar un sector cun papel económico e social estratéxico”.
O orzamento previsto para manter este servizo é deste ano de 349.000€. Uns fondos que serven para financiar a un equipo especializado e as instalación, desde as que ofrecen atención directa e asesoramento nos propios establecementos.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



