A directora xeral de Mobilidade da Xunta visitou a estación en outubro do 2024 e en xullo do 2025 comprometeuse “a trasladar enseguida unha resposta ao problema”
Vilalba, 23 de abril de 2026. A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado de abandono que a alcaldesa, Marta Rouco, vén denunciando desde xaneiro de 2024, solicitando sen éxito unha intervención por parte do goberno galego.
Onte mesmo, Marta Rouco remitiulle unha nova carta á directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, na que fai repaso do acontecido desde xaneiro de 2024 e lle reitera “a solicitude dun novo contacto con vostede, de xeito presencial preferiblemente e á maior brevidade posible, pola urxente necesidade de actuar sobre a infraestrutura”.
Na carta, a alcaldesa de Vilalba lémbralle que “dende outubro do 2024 envieille varios escritos relacionados coa estación, ademais de varios emails dende xaneiro do 2024 ao respecto de abordar a situación da infraestrutura, en estado de abandono, motivo polo que en outubro do 2024 realizou vostede unha visita á propia instalación, e no mes de xullo do 2025 mantivemos un encontro no que se comprometeu a trasladarme enseguida unha resposta á problemática plantexada”.
Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado luns 13 de abril un Plan estratéxico de eficiencia enerxética nas estacións de autobuses da Xunta de Galicia, co obxetivo de actuar en 19 estacións de autobuses de Galicia, sete delas na provincia de Lugo, cun investimento de 7,7 millones de euros.
“Sen ter ningunha dúbida das necesidades das infraestruturas referidas, a Estación de Autobuses de Vilalba, hoxe e dende hai tempo en estado de absoluto abandono, podería ter sido incluída no dito proxecto, dadas as actuacións que este contempla e que, alomenos, algunhas delas serían adecuadas á nosa infraestrutura”, engade Marta Rouco.
A alcaldesa confía “nunha pronta e satisfactoria resposta” por parte da Xunta para darlle solución a un problema grave que preocupa a toda a veciñanza de Vilalba.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



