O Vicedo, 23 de abril, 2026. Barriga Verde, o espectáculo de monicreques que percorreu Galicia durante boa parte do século XX e que forma parte da memoria colectiva de xeracións de galegas e galegos, chega este sábado ao Teatro das Cortes do lugar do Xestoso de Cabanas, O Vicedo. A xornada inclúe exposición, obradoiro e representación, nunha programación especial que convida a redescubrir este símbolo da tradición escénica popular.
Exposición: A arte dos Silvent
Ao longo da tarde poderá visitarse unha exposición que achega ao público o traballo da familia Silvent, parte dela con raíces na Mariña, responsable de levar Barriga Verde por feiras e festas de toda Galicia. A mostra permite coñecer os números clásicos da barraca, os trucos do oficio e a historia das súas longas viaxes polo país.
Obradoiro: memoria, tradición e creación
A programación inclúe tamén un obradoiro participativo, no que as persoas asistentes poderán coñecer de preto os bonecos actuais do espectáculo e compartir lembranzas das feiras tradicionais: o polbo, as barquiñas, os fotógrafos de minuto, a sorte do paxariño, as tómbolas ou o pimpampum.
O obradoiro, cunha duración de 90 minutos, está pensado para persoas adultas e especialmente para a terceira idade, cun máximo de 20 prazas. As participantes poderán crear unha pequena marioneta para levar para a casa. Ademais, farase unha mención especial ao Teatro de D. Roberto, a versión portuguesa deste tipo de espectáculo, coincidindo co aniversario do 25 de abril.
Representación: Barriga Verde sobre o escenario
A xornada culminará cunha función de Viravolta Títeres, que presenta a súa versión das funcións orixinais da familia Silvent. Non faltarán os personaxes clásicos: a tourada, o demo, a morte, o xuíz ou a Garda Civil, dispostos a facer rir tanto ás crianzas que os descubren por primeira vez como ás persoas maiores que os lembran con agarimo.
Programa da xornada
17:30 · Obradoiro de monicreques para adultos e terceira idade
19:00 · Visita guiada á exposición A arte dos Silvent
20:00 · Representación de Barriga Verde por Viravolta Títeres
21:00 · Sketch da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 de abril en Portugal
Todas as actividades son de balde e están incluídas no programa Territorio Cultura, financiado polo Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia.
Para participar no obradoiro é necesaria inscrición previa no correo: voltaedalle@gmail.com






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



