Emilio de Moreda propón unha sinxela travesía polo Valle del Río Negro de dificultade baixa e aproximadamente 2 horas e media de duración para o grupo de montaña do Club Deportivo Marqués de Casariego de Tapia para o sábado 15 de novembro con saída ás 07.00 horas dende Tapia. Trala ruta realizarán unha comida de irmandade cos amigos de Aller nun restaurante da zona. O menú poderase elixir entre pote asturiano ou fabada, de primeiro, e carrillera ou cordeiro á caldereta ou truchinas, de segundo. A comida ten un prezo de 15 euros e inclúe sobremesa, pan e viño. Os interesados en participar na ruta pódense inscribir ata o 13 de novembro por un prezo de 12 euros -5 no caso dos socios e 3 para os socios colaboradores- nos teléfonos 608 540 828, 689 175 515 e 659 000 707.




















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



