O Consello da Xunta aprobou este xoves a oferta de emprego público (OEP) para o ano 2014, pola que a Administración autonómica sacará a oposición 53 prazas no ámbito da función pública, un 13% máis que o ano anterior. A Dirección Xeral de Función Pública centrará a oferta no reforzo dos órganos especializados da Administración e da Axencia Tributaria de Galicia.
Como mínimo, un 25% das prazas desta OEP corresponderán á promoción interna. Ademais, con respecto á reserva de prazas para persoas con algún tipo de discapacidade, o Goberno galego continúa apostando por manter a porcentaxe do 7% das vacantes.
A Lei de orzamentos xerais do Estado para 2014 dispón que no presente exercicio non se procederá no sector público autonómico á incorporación de novo persoal, aínda que exceptúa sectores e colectivos de marcado carácter prioritario ou que afectan o funcionamento dos servizos públicos, para os que a taxa de reposición se fixa no 10%.
Neste sentido, a OEP de 2014 cumpre con esta taxa de reposición establecida por lei e concéntrase nos órganos especializados da Administración e nos corpos responsables do control e da loita contra a fraude fiscal da Axencia Tributaria de Galicia, funcións encomendadas na Comunidade Autónoma ás escalas superior e técnica de finanzas.
A Xunta de Galicia ofertou 325 prazas desde 2011 no eido da Dirección Xeral da Función Pública. Ademais, esta oferta de emprego público súmase ás que aproban as consellerías de Sanidade e de Educación.
Oferta
Do total das 53 prazas ofertadas, 8 pertencen á escala técnica de finanzas (subgrupo A2) e 3 á escala de subinspección de consumo (subgrupo C1). No eido da Administración especial, convocaranse 25 prazas para o corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1), das que 11 son para a escala de biólogos; 7 para escala de veterinarios; 4 para a escala de enxeñeiros industriais e 3 para a escala de químicos.
Finalmente, a oferta de emprego público para 2014 inclúe 10 prazas para o corpo de axudantes facultativos (subgrupo C1), na escala de axentes facultativos ambientais; e outras 7 prazas no corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2), na escala de enxeñeiros técnicos industriais.
O Estatuto básico do empregado público establece que as ofertas de emprego son un instrumento de planificación dos recursos humanos dispoñibles e definen e cuantifican os efectivos en función das necesidades e prioridades derivadas da planificación xeral dos recursos humanos.
As prazas ofertadas están na súa maioría ocupadas provisionalmente por persoal temporal e dotadas orzamentariamente, polo que non supón un maior custo para a Administración autonómica nin un incremento de efectivos, ademais de achegar estabilidade no emprego e reducir a temporalidade.
ANEXOS OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2014
ADMINISTRACIÓN XERAL:
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)
– Escala técnica de finanzas…………….…………………………………………..8
Corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1)
– Escala de subinspectores de consumo….…………….………….…………..3
ADMINISTRACIÓN ESPECIAL:
Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo A1)
– Escala de biólogos…………………………………………….…………………..11
– Escala de químicos…………………………………………………………………3
– Escala de enxeñeiros industriais…………………………..……………………..4
– Escala de veterinarios………………………………………………………….….7
Corpo facultativo de grao medio da Xunta (subgrupo A2)
– Escala de enxeñeiros técnicos industriais……….…………………………………..7
Corpo facultativo superior da Xunta (subgrupo C1)
– Escala de axentes facultativos ambientais…………………….…………10
TOTAL……………………………………………………………………………..……..53





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



