Ribadeo, 5 de decembro de 2014. En Ribadeo abriu as súas portas este venres o XII Mercado do Nadal, unha cita coa artesanía e co deseño, que se celebra na rúa Doutor Moreda. Conta coa participación de 25 expositores e permanecerá aberto ata a tarde do vindeiro luns, 8 de decembro. Paralelamente á ampla actividade comercial, o Mercado do Nadal contará cun variado programa de actos lúdicos, tanto para nenos coma para maiores. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, visitarán aos 25 artesáns participantes esta tarde a partir das 19.00 horas.
Antes, ás 17.30 horas, a Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo organizará un obradoiro de pandeiretas e baile galego con chocolatada, dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Posteriormente, a partir das 20.00 horas esta mesma asociación musical ofrecerá unha actuación de baile e música para tódolos públicos na rúa Doutor Moreda. As actividades continuarán mañá sábado coa apertura ás 12.00 horas do obradoiro creativo infantil Traballamos co macramé, a cargo da artesá Pilar Maravalla. Pola tarde os nenos poderán seguir gozando de actos infantís coa representación do espectáculo Clowntamination, a cargo do pallaso Rudi Dudi. Xa ás 20.30 horas o grupo Otus Scops presentará no Teatro de Ribadeo o seu novo vídeo clip.
O domingo as actividades lúdicas en torno a este XII Mercado do Nadal volverán comezar ás 12:00 horas coa celebración do obradoiro creativo infantil Traballamos co coiro, a cargo de Victoria Abuín. A este obradoiro sucederalle a actuación do grupo Alesancia das Anzas ás 12.30 horas. Ás 17.00 horas os títeres chegarán a rúa Doutor Moreda da man da compañía Títereficción, que interpretará o espectáculo Cantos contos contas. Xa ás 19.00 horas a Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo volverá colaborar no Mercado de Nadal ofrecendo un novo obradoiro de pandeireta, canto e baile galego, nesta ocasión dirixido aos máis grandes. A xornada dominical rematará coa visita do actor Rafael Álvarez “El Brujo”, quen interpretará no Auditorio Hernán Naval ás 20.30 horas a obra O Lazarillo de Tormes.
O luns, ás 17.00 horas, a Asociación de Axuda ao enfermo Mental A Mariña impartirá un obradoiro infantil sobre manualidades creativas de Nadal. Posteriormente, ás 19.30 horas, o Coro Infanto-Xuvenil do Colexio Sagrado Corazón actuará na rúa Doutor Moreda para poñer fin a este XII Mercado de Nadal.
Durante os días de celebración do XII Mercado do Nadal terán lugar os II Encontros da Madeira na sala de exposicións do parque. E o domingo, 7 de decembro, a partir das 11 haberá unha mostra en vivo de talla e torno a cargo de Tito da Casa da Fraga de Xermade.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



