Aleixandre Lago Barcala, veciño de Culleredo, proclamouse gañador do XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 €, placa e diploma, leva por título “Poesías”.
O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada “A luz agochada entre as sombras” da que é autora Iris Carro González, de Rianxo.
A santiaguesa Alba Sánchez Ares acadou o terceiro premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra “Pingas de bágoz”.
Entrega de premios
A entrega do premios do XV Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores terá lugar o vindeiro domingo, 21 de decembro a partir das 12.15 horas no Salón de Plenos do Concello.