Burela, 10 de decembro de 2014. A Concellería de Cultura inicia a súa programación deste Nadal 2014, organizando para o vindeiro sábado, 13 de decembro, un espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. A Compañía Trécola será a encargada de representar, a partir das 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Lolo e a Ratoa. A entrada será gratuíta ata completar aforo e a duración da actividade roldará os 50 minutos.
A Compañía Trécola é un dos grupos teatrais históricos galegos no ámbito dos espectáculos infantís e familiares. Comezou a súa andaina nos anos 80, partindo dunha formación inicial de actores que estudaban xuntos a mesma especialidade de monicreques no Instituto de Teatro de Barcelona. Actualmente, Trécola conta con máis de 35 montaxes, que foron estreadas nas últimas dúas décadas en multitude de circuítos culturais da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. Ademais de percorrer a xeografía galega presentando espectáculos singulares pola súa orixinalidade e innovación, esta compañía independente tamén traballa na creación e deseño de bonecos e escenografías por encarga.
O espectáculo Lolo e a Ratoa, que Trécola presenta este sábado en Burela, é unha obra de literatura infantil adaptada na que se conta o tradicional conto de Carapuchiña Vermella, facendo fincapé en valores positivos como a igualdade, a autoestima, a solidariedade, o respecto aos demais ou a amplitude de puntos de vista. Todo co actor Ero Vázquez Cabrera coma protagonista, baixo o guión e a dirección da propia Compañía Trécola.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



