A Asociación Arroutados de San Ciprián remata a súa campaña de recollida de xoguetes cun máis que notorio éxito, xa que non só recolleron unha boa cantidade de xoguetes, senón que cabe resaltar a calidade dos mesmos. Xoguetes que serán distribuidos por Cruz Vermella Burela entre os fogares dos nen@s que non teñen recursos suficientes. O seu presidente e o seu predecesor destacan “a xenerosidade dos veciños que temos no concello de Cervo, xa que son eles os que fan que a ledicia chegue este Nadal ós nen@s máis necesitados”. O resto de asociacións colaboradoras Veciños Cruz da Venta, Mulleres de San Ciprián, A sombriza, Pasiño a Pasiño e o Concello de Cervo tamén resaltaron o éxito acadado.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



