Chao de Castro Altair pecha o ano cunha exposición de xogos que inclúe a presentación dun libro sobre o xogo, a visita do Apalpador, o sorteo dunha cesta e unha chocolatada. A cita será no seu local de Burela, na rúa do Río nº 10, o sábado 27 de decembro a partir das 17.00 horas que se inaugurará a exposición do xogo e o xoguete para deixar paso máis tarde á presentación do libro sobre o xogo. Ás 18.00 horas @s nen@s recibirán a visita do Apalpador e mostrarán os números de velada do acampamento de inverno do pasado 19, 20, 21 e 22 de decembro en Láncara. Tamén haberá xogos tradicionais e a partir das 19.00 horas o sorteo da cesta de inverno. A tarde rematará ás 19.30 horas cun gran chocolatada con doces elaborados pol@s nen@s.
Exposición de xogos e a visita do Apalpador, en Chao de Castro Altair Burela
Exposición de xogos e a visita do Apalpador, en Chao de Castro Altair Burela
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios