Este sábado 13 de decembro o grupo Os Ghazafelhos representará a obra “Acuario”. A actuación, organizada pola Asociación Pasiño a Pasiño, será no Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao ás 19.00 horas, con entrada libre.
Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 que está consolidada hoxe en día como unha das compañías teatrais de referencia en Galicia para o público familiar.
Acuario é unha obra de teatro baseada no libro de poemas de María Canosa, que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente pequena se achegue á poesía en língua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descubre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.
Todo esto se fai dun modo ameno e divertido gracias á presencia dunhos vistosos monicreques e dos actores, da música e dunha escenografía sencilla e atractiva.