Foz, 9 de decembro de 2014. O Concello de Foz presentou este martes o seu programa de proxeccións de cine Cinema no Cenima, que se levará a cabo neste mes de decembro, grazas ao apoio da Consellería de Cultura. En total proxectaranse tres películas no edificio do Cenima de Foz. A primeira será Encallados, este mesmo xoves, 11 de decembro, ás 20.30 horas. A segunda será o film francés Le Week-end, o xoves 18 de decembro ás 20.30 horas. E a terceira irá destinada aos máis pequenos e proxectarase o venres 26 de decembro ás 18.30 horas. Trátase da película de animación A tropa de trapo na selva do arco da vella. As entradas terán un custo de 3 euros e poderán adquirirse no propio Cenima de Foz dende media hora antes do inicio da proxección. Con esta iniciativa, o Concello de Foz convértese nun dos catro municipios galegos seleccionados pola Xunta de Galicia para acoller estas proxeccións de cine en concellos que non teñen salas comerciais.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “o Concello de Foz ven de presentar o programa Cinemas de Galicia, que en Foz concretamente chámase Cinema no Cenima, posto que será no salón de actos deste edificio, na Ribeira de Foz, onde comece este xoves ás 20.30 o programa de cine que vai a levar a cabo o Concello de Foz. Ás 20.00 horas estarán abertas as portas do Cenima e ás 20.30 horas comezará a proxección de Encallados, unha película interesante arredor da catástrofe do Prestige; e seguiremos o seguinte xoves, 18 de decembro, tamén ás 20:30 horas, con Le Week-end, que é tamén unha das películas favoritas e máis demandada polos interesados nas redes sociais do Concello de Foz. E logo, xa o 26 de decembro, faremos unha programación para os máis pequenos, que neste caso será ás 18:30 horas, tamén no salón do Cenima. Alí proxectaremos A tropa de trapo na selva do arco da vella, unha película de animación”.
O responsable municipal destacou que “con estas xornadas comezaremos neste mes de decembro co ciclo Cinema no Cenima. Unha iniciativa que vai traer cine novamente a Foz, despois dun largo tempo sen cine no noso concello, tras a desaparición dos cines Hermanos Pequenete. Por desgraza, na comarca e na Mariña soamente quedan uns cines en Ribadeo, e dende logo, ter unha oferta máis para A Mariña e para Foz, dentro da rede Cinemas de Galicia, é algo moi interesante. Por iso queremos agradecerllo á Consellería de Cultura, que financia este programa, aparte da propia recadación que poida haber pola entrada, que neste caso é a mínima esixible: tres euros para todas aquelas persoas que desexen asistir, un prezo que dende logo creo que é unha cantidade mínima para poder gozar dunha boa película, en boa compañía e nun bo salón de proxeccións. Esperamos que este xoves xa haxa moita afluencia de público e que á xente lles guste este programa de proxeccións. Por iso dende o Concello animamos a tódolos veciños a que volvan ao cine, nesta ocasión no Cenima.”



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



