A Mariña, 10 de decembro de 2014. A Comisión de Fomento do Congreso debaterá o próximo mércores, 17 de decembro, unha iniciativa do BNG que insta a negociar o uso do dique norte do porto de Morás para o tráfico comercial. Este dique, hoxe sen uso, serve como abrigo do dique sur que Alcoa usa en exclusiva cunha concesión de Portos do Estado que remata en 2022. O BNG reitera unha iniciativa aprobada no Congreso en novembro de 2008 que non se cumpriu, consideran que a incerteza sobre a continuidade da multinacional en San Cibrao derivada da inestabilidade do sistema de abastecemento enerxético, xera unha gran preocupación na comarca, polo que compre crear alternativas de futuro para a creación de emprego e o dinamismo económico da comarca.
Para o BNG a creación dun gran porto comercial na comarca é estratéxica polos efectos sobre a creación de emprego e a dinamización económica en determinados sectores produtivos, mais tamén polas inercias que unha infraestrutura deste tipo pode crear para o asentamento na zona de empresas. A portavoz comarcal nacionalista, Ana Ermida Igrexas, puxo como exemplo ao sector da madeira que na comarca ten un gran peso económico e leva anos demandando unha gran superficie portuaria que permita abrir mercados ao marxe dos xa existentes.
Para a portavoz nacionalista a incerteza sobre a continuidade de Alcoa na comarca derivada da inestabilidade do sistema de abastecemento enerxético despois da eliminación da tarifa G4 e a posta en funcionamento do sistema de interrumpibilidade, nunhas decisións nas que participaron gobernos do PSOE e do PP, está xerando moita preocupación entre os traballadores da empresa e auxiliares así como no conxunto da sociedade mariñá. Neste sentido afirmou que a volta ao sistema mais estábel da tarifa G4 como paso previo á creación dun sistema tarifario propio para un país como Galiza, excedentario en produción enerxética, é imprescindíbel para ofrecer estabilidade ao sector industrial galego.
Ao marxe destas demandas para evitar situacións como as que viven na actualidade os cadros de persoal de Alcoa na Coruña e Avilés, a formación nacionalista reclama o cumprimento do acordo alcanzado en 2008 para a apertura de negociacións con Alcoa que permita compatibilizar o uso pola empresa do dique sur cuxa concesión remata en 2022 co uso comercial do dique norte, hoxe sen ningún uso, permitindo abrir unha superficie de atraque de 240 metros, cunha superficie de almacenamento de 50.000 m2 que permitiría o atraque de buques de 222 mts de eslora e cun calado de 11,5 mts.
O BNG defende que esta infraestrutura é compatíbel cos usos que lle está dando Alcoa ao dique sur e existe un acordo unánime entre os sectores socioeconómicos da comarca que no campo das decisións políticas foi bloqueado polo PSOE e polo PP, incapaces de levar adiante os múltiples acordos alcanzados nos concellos, deputación de Lugo, Parlamento Galego e Congreso, supeditando unha vez mais os intereses da sociedade mariñá a outros intereses que nunca chegaron a explicar.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



