Ribadeo, 10 de decembro de 2014. Pasaron 24 horas desde a celebración do sorteo ante notario dos 25.000 euros en vales de compra da Federación de Comercio A Mariña e xa apareceu a primeira premiada. Trátase dunha veciña de Barreiros, que fixo as súas compras no comercio asociado da comarca e que terá para gastarse 2.206,77 euros en Mondoñedo. Ela é a portadora do número: 151.462.
Outros oito premios seguen pendentes de dono. Desde a directiva da Federación de Comercio A Mariña subliñan que “todos los vecinos y las vecinas de la comarca o las personas de otros lugares que realizaron sus compras en la zona durante esta campaña deben revisar todas sus papeletas porque cualquiera puede tener el premio entre sus manos. En total se repartieron entre los 1.000 locales asociados 827.000 papeletas. Los portadores de los boletos premiados deben ponerse en contacto vía teléfono con los siguientes números: 982 120 565 ó 982 55 07 07”.
Os boletos que buscan darlle unha alegría a oito acodes son os seguintes: 693.857; 143.006; 788.504; 601.655; 137.754; 261.235; 560.274; e 539.232. Os afortunados poden reclamar os seus premios ata o vindeiro venres, 12 de decembro, e despois deberán consumir vales de compra do 15 ao 24 do presente mes.
O sorteo dos 25.000 euros da Federación de Comercio A Mariña celebrouse este martes en Ribadeo coa presenza da notaria Mª do Rocio da Hera Ortega e ao mesmo asistiron representantes das Acias mariñás.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



