Lugo, 30 de decembro de 2014.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamentou este martes que o PSOE e o BNG na administración lucense se dedicase unha vez máis a pasar o rodillo ás iniciativas do PP sen tan sequera estudalas.
A voceira popular asegurou que as propostas do Partido Popular sobre a exención de taxas en servizos básicos ou o desenvolvemento da Fundación TIC tiñan un afán construtivo co obxecto de levar a cabo actuacións que repercutirán no ben dos Concellos, da provincia e dos lucenses.
Polo tanto, Candia asegura que tanto a boa accesibilidade como a boa disposición que intentan amosar tanto nacionalistas como socialistas se limitan só a facer política.
Non é entendible, segundo matizou a popular, que os socialistas na Deputación só propoñan suprimir ou reducir o pago de taxas cando compete a administracións nas que non gobernan; mentres desbota unha iniciativa para que se eliminen as taxas que pagan os Concellos por obras que afectan a estradas provinciais cando se tratan de actuacións sobre servizos básicos.
A voceira dos populares entende que a imposición destas taxas supoñen, en ocasións, unha carga económica excesiva cando a asistencia das deputacións aos concellos debe dirixirse preferentemente ao establecemento e adecuada prestación dos servizos mínimos.
En canto á iniciativa sobre a Fundación TIC, Candia explicou que tiña un afán construtivo, recoñecendo a valía dos seus traballadores e intentando impulsar novas actividades. A popular acusou ao voceiro socialista, Manuel Martínez, de descoñecer cal é o verdadeiro traballo da Fundación e considerou necesario que as propostas sobre ofertas de novas actividades nos colexios, cursos de formación sobre fotografía e vídeo ou actividades para impulsar o turismo provincial saian adiante.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



