Burela, 22 de decembro de 2014. O Concello iniciará os Bailes de salón o vindeiro 20 de xaneiro, segundo ven de anunciar Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais.
A edil popular explicou que “ante a boa acollida e a demanda de continuidade por parte das persoas asistentes á actividade denominada Bailes de Salón, esta vaise prolongar durante o ano 2015, nunha primeira quenda dende o 20 de xaneiro ata o 26 de maio. Seguiremos contando con Dimas (Goldance), titulado profesional de baile deportivo e competición, máxima categoría de competición a nivel español e internacional como bailarín e máxima titulación de profesión de baile (Federación Española de Baile Deportivo en colaboración co Consello Superior de Deportes e o Comité Olímpico Español)”.
Durán dixo que “as persoas que non estean a participar nesta actividade, pero que desexen facelo agora deben achegarse ao Centro de Información ás Mulleres en horario de 09.00 a 15.00 do 5 ao 15 de xaneiro para formalizar a súa matrícula nalgúns dos seguintes quendas: primeira, de 18.45 a 20.00 horas; segunda, de 20.00 a 21.15 horas e terceira, de 21.15 a 22.30 horas”. O día de realización desta actividade seguirá sendo os martes.
O 20 de xaneiro de 2015 darán comezo os Bailes de salón e a presentación terá lugar na mesma na propia praza de abastos, que é onde se desenvolverá a actividade. Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os, poden chamar ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09 ou achegarse ás oficinas de información do Concello.