O Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo recupera a cea baile de antroido. Terá lugar o sábado de piñata (21 de febreiro), ás 22.30 horas, con entradas que se poñerán a venda proximamente. Durante o baile entregaranse premios aos mellores disfraces, con tres categorías (grupos, parellas, individuais) e dous premios en cada unha delas. Por outra banda, as instalacións da sociedade acollerán este ano a cea de comadres, que se celebrará o 6 de febreiro, ás dez e media da noite. A directiva amósase aberta a facilitar o uso do seu edificio a outras asociacións e colectivos mindonienses, no seu esforzo por reforzar a presenza na vida local.
Antroido no Casino de Mondoñedo
Antroido no Casino de Mondoñedo
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba