Botarei man ao caixón de alfaiate no que vou deixando retais de aquí e de acolá do tecido socioeconómico galego, collendo máis ben os do último traxe: os orzamentos para o ano 2015. Boto a man ao caixón e imos ver o que vai saíndo, despois de que o presidente Núñez destacase o gran investimento social de Galicia neste ano:
1) O estancamento do consumo e do investimento fan que non houbese crecemento algún do PIB en Galicia no último trimestre do que temos datos (o terceiro de 2014) mentres que o PIB medio do Estado español subíu un 0,5%.
2) Afondando nesa evolución do PIB desde a perspectiva da demanda, suliñarei que o gasto dos fogares na media estatal nese trimestre (0,8%) cuadriplicou ao de Galicia (0,2%), na que segue a se aplicar en 2015 o recorte de ao redor dun 40% nas pagas extraordinarias d@s empregad@s públic@os (por terceiro ano consecutivo), factor diferencial respecto d@s que cobran do erario público máiis aló de Pedrafita ou da desembocadura do rio Eo.
Sumeselle a incapacidade de creación de emprego na nosa nación, que segue a expulsar do seu seo miles de estudantes que rematan o seu Grao Universitario ou o Ciclo Formativo de Formación Profesional.
3) Nos orzamentos para o ano 2015, o gasto social (sanidade, ensino e servicios sociais) vai medrar en Galicia tan só un 0,3%, a décima parte da suba media estatal (3%) … pero, iso si, a nosa nación será a campeona no recorte do endebedamento público: un 26,7%, mentres no promedio do Estado baixará un 14%, en Cataluña, un 11.7% … e no País Vasco medrará un 21,4%.
GALEUSKA, e mesmo o conxunto do Estado, ten en Galicia a gran recortadora, a HUSQVARNA que “Anxelicalmente” tanto lle gustará a Frau MERKEL e ao seu IV Reich.
4) Galicia vai ser en 2015 a terceira comunidade…pola cola en gasto público en sanidade (tras Aragón e A Rioxa), cun 0,3% de suba, fronte ao crecemento medio estatal do 2,4% (un 2,2% en Cataluña e un 1,1% no País Vasco).
5) A nosa nación vai ser en 2015 tamén a terceira comunidade (tras Aragón e Canarias) … pola cola en gasto público en ensino, capítulo orzamentario no que, pese á expansión do gasto que debería conlevar a implantación da LOMCE a suba do gasto da Xunta de Galicia vai ser mínimo (un 0,1%), 26 veces por baixo do crecemento medio no Estado (2,6%).
Nas outras dúas nacións “históricas” (as que, coma a nosa, xa plebiscitaron o seu autogoberno na II Republica), Euskadi multiplica por 10 o noso incremento (cun 1%) e Cataluña multiplícao…¡por 68! (cun 6,8%).
6) No terceiro compoñente do gasto social, os servizos sociais, a nosa nación queda de penúltima pola suba orzamentaria en 2015, cun 1% (só queda detrás Cantabria) mentres que o promedio estatal quintuplica ese crecemento (5,3%).
Conclusión: menos lobos, sr. Presidente!…, teña moito cuidado cos alfaiates e non se esqueza de que hai moita tela por cortar; sin ter que recortar os nosos dereitos (sociais e máis económicos)!






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



