Lugo, 19 de xaneiro de 2015.- O pasado 16 de outubro o Ministerio de Agricultura español, por medio do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) transferiu aos Organismos Pagadores das Comunidades Autónomas aproximadamente 2.400 millóns de euros para proceder ao pagamento anticipado das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2014, loxicamente a Galiza tamén.
O anticipo correspondíase co 50% do importe da axuda e outro 50% tiña de ser pago a partir do 1 de decembro.
A día de hoxe a Federación Rural Galega- FRUGA, ten constancia de que non todas as persoas con dereito a cobrar as axudas da PAC, do ano 2014, teñen cobrado.
Desde a FRUGA descoñecemos cales son os criterios que está a seguir a Consellería do Medio Rural e do Mar para non efectuar os pagamentos nuns casos e noutros si, sen que os e as interesadas saiban os motivos e sen que desde a Administración lle dean explicación de ningún tipo.
Ese diñeiro é das labregas e labregos e non da Xunta da Galiza. As axudas PAC son en moitos casos un complemento económico imprescindível para a sustentabilidade de moitas explotacións.
Segundo o FEGA na campaña 2014 na Galiza presentáronse 34.444 solicitudes e no ano 2013 foran 35.551 que cobraran en total 125.987.901,54 euros. Nas explotacións de leite, segundo informes elaborados por técnicos da Consellería no ano 2011, as axudas viñan supondo un 10% dos ingresos da explotación, mas se a comparación se fai a respecto da marxe líquida as axudas veñen supondo o 50%, e se se compara co lucro ( restando custes de oportunidade) sen as axudas o resultado sería cero ou mesmo negativo.
No caso das explotacións galegas de carne segundo a “Red Nacional de Granjas Típicas” do MAGRAMA, con axudas por vacas aleitantes, esta axuda veñen supor aproximadamente un terzo dos seus ingresos. Neste caso sen axudas directas non se cubrirían os custes efectivos, aínda que non se considerasen os custes de oportunidade o resultado sería cero.
Fica claro que as axudas da PAC para a maioría das nosas explotacións son fundamentais para garantir a súa subsistencia. Subsistencia que está pondo en causa a propia Consellería coa súa política de atraso á hora de pagar estas axudas en tempo e forma.
Desde a FRUGA querémoslle preguntar á Consellería: “onde están os nosos cartos?”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



