Burela, 24 de xaneiro de 2015. O alcalde de Burela, José María González Barcia, manifestou este sábado a súa “indignación ante a postura do presidente da Deputación e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, de vir a Burela onte, e nin tan sequera chamar para concretar a entrevista que o propio alcalde solicitou por escrito o pasado 26 de decembro”. O rexedor quere plantexarlle, tal e como recolleu a institución provincial no seu día, o impulso dos solos industriais que figuran no PXOM.
Para González Barcia, que afirma que desde a Deputación ninguén se puxo aínda en contacto coa alcaldía para concretar aspectos desa petición de entrevista, “isto non é ningunha novidade, porque xa solicitamos máis entrevistas e a resposta foi nula; o que si é rechamante, e que por riba demostra moi pouco coraxe e moita covardía política, é o feito de que Besteiro veña a Burela e nin tan sequera se digne a dialogar cinco minutos co representante lexítimo dos cidadáns deste Concello, porque o alcalde, como alcalde, quere falar co presidente da Deputación de todos os veciños desta provincia”.
José María González Barcia afirma que no escrito que lle remitiu no seu día ao presidente da Deputación figuran tres peticións: “colaboración da institución provincial para a construción dos novos vestiarios da Marosa, beirarrúa na marxe dereita da estrada da Deputación que vai a Rúa hasta o cemiterio municipal e, sobre de todo, estudar vías de colaboración para planificar e desenvolver os dous polígonos industriais que se reflicten no PXOM”.
Barcia indicou que “a Deputación asina convenios de colaboración con determinados Concellos, pero con Burela non asinou ningún; por riba, a Deputación contemplaba en 2006 e 2007 unha previsión de investimento por parte de SUPLUSA para definir o planeamento e desenvolvemento de solo industrial en Burela; e algún traballo se fixo por encargo do anterior goberno da Deputación, non do actual; se ben é certo que coa elaboración do PXOM non se podía facer moito, logo de ter aprobado o PXOM é o momento de establecer marcos de colaboración”.
González Barcia afirma que “a planificación e desenvolvemento dos polígonos empresariais é fundamental para dinamizar a economía, asentar e atraer poboación e xerar riqueza, algo no que todos os políticos deberíamos estar de acordo, e tamén é algo ao que a propia Deputación en 2006 se comprometeu a traballar. Polo tanto creo que non é moito pedir sentarse a falar alcalde e presidente Deputación sobre este asunto, porque falamos do Concello de Burela, un dos máis dinámicos da provincia”.
“E iso é o que lle queríamos pedir, pero resulta que o Sr. Besteiro prefire vir aquí a anunciar o que en oito anos non foi capaz de facer, pero para nada falar co alcalde, e xa non digamos recibilo”, afirmou o alcalde burelés, que rematou dicindo que “algo xa sabíamos do sectarismo político de Besteiro. El saberá porqué non quere falar co alcalde, porque iso significa non escoitar peticións que son razoables e nas que se pode chegar a acordos. Nos próximos días reiteraremos a petición de entrevista e que non dubide o Sr. Besteiro que nós nos sentaremos a falar con el cando faga falta e sobre o que faga falta, algo que el demostra non estar disposto a facer”.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



