Lugo, 20 de xaneiro de 2015.- A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentou este martes na sede da Confederación de Empresarios da provincia de Lugo a nova iniciativa que a Deputación vén de poñer en marcha o pasado 12 de xaneiro, e coa que ofrecerá, de xeito totalmente gratuíto, asesoramento, apoio e formación ás PEMES e aos autónomos de toda a provincia para o fomento das novas tecnoloxías no eido empresarial.
Lara Méndez, acompañada do director de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías da Deputación, Pablo Rivera, e do Secretario da Confederación de Empresarios, Jaime López, destacou a importancia de prestar apoio a PEMES e microempresas, “as cales seguen a supoñer o 95% do tecido empresarial da provincia malia que levan tempo atravesando graves dificultades”. Méndez subliñou que manter este peso específico pasa por aumentar a competitividade; manter unha relación máis directa clientes e proveedores ou a adaptarse aos novos mercados, entre outras. Neste sentido, precisamente son as novas tecnoloxías as que “fan ás empresas máis competitivas, melloran a súa produtividade e facilitan o seu funcionamento, xerando plusvalía”.
A Vicepresidenta tamén lembrou outras iniciativas enmarcadas nesta liña de apoio ao tecido empresarial, como a futura creación de tres aplicacións móbiles (App), centradas nos tres sectores estratéxicos da provincia: agroalimentario, forestal e turístico; o desenvolvemento de diferentes actividades formativas e divulgativas gratuítas no eido das TICs. Así mesmo, lembrou outras medidas postas en marcha pola institución provincial nos últimos oito anos, para fomentar a incorporación e uso de ferramentas tecnolóxicas no tecido empresarial, como a creación da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, o plan Dinamíz@TE, e o Plan Ben Empregado!.
Pola súa banda, Jaime López, secretario da CEL, destacou que “as novas tecnoloxías forman parte da vida cotiá e as empresas non poden permanecer alleas a esta realidade para garantir a súa propia supervivencia. É por esta razón que proxectos como Innov@Empresa son de grande interese”. Así mesmo, subliñou a satisfacción da Confederación de Empresarios de Lugo por “colaborar con este tipo de iniciativas, pois a incorporación de procesos de innovación e das TIC son, dende o noso punto de vista, claves para o futuro e o presente das nosas empresas”
Máis información
A iniciativa presentada hoxe, financiada con fondos europeos ao 80%, naceu coa intención de permanecer no tempo, de xeito que as oficinas de asesoramento abertas en Lugo, Viveiro e Monforte se manteñan, tendo en conta ademais que estas permiten a creación de máis de 20 postos de traballo, os do persoal que atenderá ás empresas tanto nestes centros como, in situ, posto que se desprazarán pola provincia.
As empresas que queiran beneficiarse ou coñecer máis sobre esta iniciativa poden facelo no de teléfono 982 225 186 ou ben achegándose a calquera dos tres centros existentes.
O acto rematou cunha ponencia a cargo de dous técnicos que prestan asesoramento no Innova Empresa 2.0, na que explicaron máis polo miúdo os servizos que esta iniciativa ofrece aos seus beneficiarios e as vantaxes que as TIC poden ofrecer a empresas de diferentes sectores produtivos.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



