Navia, 20 de xaneiro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, invitou os asturianos a participar na duodécima edición da festa gastronómica dedicada ao berberecho, que se celebrará na vila focense este fin de semana, dende o venres 23 ao domingo 25. Foi durante a presentación do evento celebrada hoxe en Navia, acto no que o rexedor municipal estivo acompañado polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, e por Antonio García Pérez, colaborador da asociación Sempre Foz que é natural de Navia e reside en Foz dende hai décadas.
Javier Castiñeira destacou que “hai unha interacción moi importante entre as dúas bisbarras, o Occidente de Asturias e A Mariña de Lugo. Compartimos moitas cousas e son moitos os asturianos que viven na Mariña e tamén moitos os mariñanos que viñeron para Asturias”. Tamén comentou que Navia e Foz están “moi cerquita e por iso nos últimos anos son moitos os asturianos que participan na festa do berberecho para degustar este molusco nas datas nas que hai que facelo. Todos os que temos costa sabemos que o marisco hai que comelo nos meses de inverno; e xaneiro é un mes moi bo para facer a festa do berberecho”.
O alcalde de Foz engadiu que outro dos obxectivos deste festexo gastronómico é “tratar desestacionalizar os eventos, que normalmente moitos eles se deixan para o verán, que é cando máis afluencia de público hai. Neste caso trátase de aproveitar que estamos en boa época de extracción do berberecho para, coa asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz e todos os hostaleiros, tratar de facer un fin de semana en xaneiro que sexa atractivo para que a xente se desprace ao noso municipio”.
Castiñeira recordou que “para nós o ano pasado foi un verdadeiro éxito facer a presentación aquí, en Navia, e concretamente neste establecemento, a Sidrería La Villa, un restaurante coñecido e onde todos os veciños de Navia saben que se come ben, que saben traballar o peixe e o marisco, e por suposto os berberechos”. E explicou que na festa do berberecho de 2014 “se venderon na carpa unhas 1.400 porcións, que non está nada mal, e nos establecementos hostaleiros se repartiron preto de 500 quilos máis”.
Despois da rolda de prensa, na propia Sidrería La Villa a delegación focense participou xunto aos clientes deste establecemento nunha degustación de berberechos cociñados en varias preparacións polo cociñeiro Guillermo Pérez García.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



