Cervo, 19 de xaneiro de 2015- O Concello de Cervo ofrece unha nova edición do curso de palillar, que arrincará o 2 de febreiro. Unha actividade que, como xa é habitual, impartirá a profesora de encaixe Modesta Lombardero. O curso desenvolverase os luns e mércores, de 16 a 18 horas na Casa da Cultura. O prazo para apuntarse xa está aberto e pódese facer na Casa do Mar de 09.30 a 14.30 horas e no teléfono 691 65 66 00.
Este curso converteuse xa nunha tradición no Concello e sempre comeza no primeiro trimestre do ano. Desta maneira, é a antesala do Encontro de Palilleiras, que este ano chega á edición número 12 e vaise celebrar o día 28 de marzo. Un evento multitudinario no que a Concellería de Igualdade leva traballando varios meses xunto a Mari Luz Méndez e Modesta Lombardero, colaboradoras habituais. Os detalles do programa daranse a coñecer nas próximas semanas.
En canto ao curso de palillar, a edil de Igualdade, Pilar Armada lembra que se trata dunha actividade de continuidade, que se vén ofrecendo todos os anos como complemento ao Encontro. Uns eventos que para Armada “son unha forma de recuperar a tradición de palillar, de apostar e valorar a nosa artesanía, e en definitiva a nosa historia”. A edil explica ademais que este curso está aberto a todos os niveis, tanto de iniciación como avanzado, e “o único requisito é ter ganas de practicar a elaboración de encaixe”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



