Barreiros, 28 de xaneiro 2015.- O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros pon o edificio construído polo tenente alcalde, José Manuel Gómez Puente, na zona da praia como “exemplo claro” da “política urbanística á carta” levada a cabo polo Partido Popular nos últimos anos no Concello de Barreiros, “destinada a beneficiar intereses particulares de persoas vinculadas ao Partido Popular”.
O concelleiro nacionalista Antonio Veiga afirma que esta construción, que está sendo investigada polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, demostra que a política urbanística en Barreiros desde que é alcalde Alfonso Fuente Parga “non foi pensada para beneficiar ás veciñas e veciños de Barreiros nin os intereses xerais do Concello, senón que foi feita unicamente para beneficiar a persoas vinculadas ao Partido Popular, algunhas, coma neste caso, membros do propio Goberno municipal”.
Antonio Veiga acusa tamén ao alcalde de “mirar para outro lado e facer a vista gorda, sabendo que o edificio que o tenente alcalde construíu en Remior frente ao Acantilado non se axusta ao tipo de solo nin ao uso permitido nesa zona no momento en que se concedeu a licenza”. O concelleiro nacionalista considera “grave” que o alcalde anunciara onte no Pleno que o Concello vai “legalizar” esa construción, o que significa, afirma Antonio Veiga, “que neste momento o edificio é ilegal e este verán estivo sendo ocupado sen nin sequera ter licenza de primeira ocupación”. Veiga critica tamén que se vaia facer unha “legalización ad hoc” para beneficiar ao tenente alcalde, o que significa que se pretence “legalizar unha ilegalidade”.
“Intereses persoais e ruína económica para o Concello”
Antonio Veiga afirma que “as consecuencias desta desastrosa política urbanística levada a cabo polo Partido Popular no Concello de Barreiros nos últimos anos están aí: unha absoluta ruína económica para o propio Concello, un dos máis endebedados de toda Galiza”. O Bloque lembra que Barreiros debe máis de 5 millóns de euros, “unha débeda que imos ter que pagar todos os veciños e veciñas de Barreiros durante os próximos anos”.
“Non é un veciño calquera”.
O concelleiro do Bloque afirma contundente que “todo o mundo ten que respectar a lei, máis aínda cando se trata dunha persoa que ten que dar exemplo”, di. “José Manuel Gómez Puente non é un veciño calquera, porque é tenente alcalde co Concello de Barreiros e, como tal, concede licenzas, así que é o primeiro que ten que cumprir a lei”, reclámalle.
O BNG reclama máxima transparencia
O Bloque Nacionalista Galego esixe ao alcalde “máxima transparencia” sobre este asunto. “Pedimos máxima transparencia, porque é un feito grave, e agardamos que se nos entregue toda a documentación que onte solicitamos no Pleno sobre este asunto coa máxima celeridade, porque son documentos públicos que obran en poder do Concello”, reclama. “Se non hai nada que ocultar, se o alcalde e o tenente alcalde non teñen nada que ocultar, deberían ser os primeiros en facer públicos todos eses documentos, para coñecemento e tranquilidade de todos os veciños e veciñas de Barreiros”, conclúe Antonio Veiga.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



