A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, anunciou que a Deputación de Lugo vén de concorrer a programacións autonómicas para a inserción laboral de máis de 100 lucenses ao tempo que impulsan o tecido socioeconómico da provincia. Trátase dun total de 7 programacións, 2 obradoiros e 5 accións formativas, que, tal e como destacou Méndez, teñen “un enfoque eminentemente social e económico, pensado tanto para en favorecer o benestar social e o desenvolvemento equilibrado do territorio, como para impulsar sectores estratéxicos da provincia, como a actividade agrogandeira ou o turismo”.
Precisamente no caso do turismo, un dos obradoiros solicitados, que ofrecerá 960 horas de formación e prácticas remuneradas a 16 lucenses, está destinado á posta en marcha do ambicioso proxecto de conversión do mirador de Mondoñedo en albergue para peregrinos. Hai que lembrar que o albergue actual só ofrece 24 prazas, nunhas instalacións obsoletas que adoitan saturarse e que ten obrigado, especialmente nos meses de verán, a desprazar peregrinos ao polideportivo municipal.
Este proxecto permitirá dar un novo pulo para o Camiño do Norte, escollido por preto de 14.000 peregrinos só no 2014, polo que Méndez instou ao executivo autonómico a “implicarse co impulso do Camiño de Santiago ao seu paso pola nosa provincia, tal e como dixemos na proposta aprobada no Pleno provincial o pasado mes de outubro, malia os votos en contra do PP”, posto que estas futuras instalacións supoñen un importante pulo á desestacionalización do turismo e a posta en valor do patrimonio.
Colaboración institucional
A Vicepresidenta quixo destacar que a concesión deste obradoiro, Obras de reparación da planta baixa do Mirador dos Paredones de Mondoñedo, pode ser “unha oportunidade de ouro para que o Goberno de Feijóo amose, por unha vez, unha actitude de colaboración institucional”, a mesma que mantén o actual Goberno provincial, “que está a prestar toda a colaboración posible en materias de interese para toda a provincia, malia que estas sexan de competencia autonómica”. Como exemplos, Méndez citou o financiamento do PEIM, no que a Deputación está a achegar o 10,1% dos fondos fronte ao 2,05% da Xunta; a rehabilitación das pallozas de Piornedo; os GES ou o Consorcio Provincial de Bombeiros.
Maiores, gandeiría e sector forestal
O segundo dos obradoiros solicitados é Revitaliza aos maiores da provincia, co que se impartirán 960 horas para un total de 35 participantes, que está pensada para dar formación especializada en servizos aos maiores da provincia.
A este carácter máis social responden algunhas das accións formativas que tamén ten solicitadas a institución provincial luguesa á Xunta. Trátase das que se desenvolverán no Pazo de Tor. O que é o centro público de Galicia coa oferta máis ampla dedicada á promoción económica do rural, acollerá o desenvolvemento de 3 accións formativas: Deseño de Medios Didácticos, de 98 horas; Dinamización de actividades de tempo libre educativo, de 328 horas, e Dinamización comunitaria, 628 horas
Finalmente, o sector agrogandeiro tamén é obxectivo destas solicitudes. É o caso das solicitadas para desenvolverse na Granxa Gayoso Castro: Xestión de Repoboación Forestal e Tratamentos Silvícolas, dirixido a 15 desempregados e cun total de 628 horas; e Gandería Ecolóxica, tamén para 15 alumnos e cunha duración de 508 horas.
3 anos sen obradoiros da Xunta
Lara Méndez salientou que o organismo lugués está agardando a resposta da Xunta de Galicia, xa que os prazos de resolución remataron o pasado día 14 de febreiro, no caso dalgunha, e hoxe mesmo no doutras.
Tras recibir negativas os últimos tres anos, a concesión destas axudas destinadas á organizar obradoiros e accións formativas, e “que complementan as xa postas en marcha pola Deputación con fondos propios e fondos europeos, como o Pacto Provincial polo Emprego; o Ben Empregado!, que loita contra o desemprego unindo directamente á oferta e a demanda; o Campus de Emprendemento Sostible, pode ser unha oportunidade de ouro para a Xunta”.
Deste xeito, “Feijóo poderá amosar algo de responsabilidade e preocupación polo benestar dos lucenses, sen negarlles un ano máis a posibilidade de atopar a traballo, e que se vén unha e outra vez discriminados fronte ao resto de galegos só por residir nesta provincia, tal e como ocorre coa falta de servizos sanitarios básicos ou de infraestruturas”, sentenciou Méndez.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



