A Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Fútbol Sala, celebrada este xoves na Coruña, ratificou a súa fusión e integración na Federación Galega de Fútbol, salvagardando as particularidades do fútbol sala. Así o apoiou unha amplísima maioría dos compromisarios presentes na xuntanza, con 49 votos a favor e 5 abstencións.
A FGF aprobou no mes de agosto os estatutos de fusión coa FGFS, constituíndo o Comité Galego de Fútbol Sala, con Juan Probaos como presidente e José Luis Sáez como vicepresidente. Dando un paso máis neste compromiso, a asamblea de onte avalou o artigo 94 do devandito regulamento, que contou co beneplácito da Xunta de Galicia e da Real Federación Española de Fútbol, defendendo a propia capacidade de decisión na organización competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva.
O vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, declarou no programa Galicia en goles da RTVG que “houbo un abrumador apoio de ratificación dos estatutos que xa se aprobaran no seu día pola Federación Galega de Fútbol por unanimidade. O artículo 94 que foi o que agora ratificamos sin ningún voto en contra, ben a decir que o Fútbol Sala, dentro da FGF, terá unha semiautonomía para a organización da competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva. Sempre dentro da FGF, como unha modalidade ou especialidade que pertence a esta federación”.
A xestión do Fútbol Sala “seguirá como ata a data de hoxe, o fútbol sala galego ten dado moitos éxitos a nosa Comunidade Autónoma e a xestión de Juan Probaos ahí está coa progresión e afianzamento aque ten o fútbol sala en Galicia. Colaborando estrictamente coa Federación Galega de Fútbol e a española seguiremos traballando a prol do fútbol sala”. Respecto a outro aspecto do artigo 94 explicou que “ neste artigo, aprobado unánimemente xa en agosto pola FGF e que agora ratificamos dice, entre outras cousas que para calquera modificación neste artigo e nos estutatos que dentro da FGF que absorbe ao fútbol sala precisanse dous tercios do fútbol sala. Pensó que é unha forma na que o fútbol non se sinta tampouco agredido, xa que nunca o fútbol sala vai intervir nas decisións no fútbol e o futbol sala vaise administrar a sí mismo, repito sempre dentro da FGF e da normas da RFEF”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
