O vindeiro 8 de febreiro, a Plataforma QUEREMOS GALEGO ten convocada unha manifestación en defensa do galego. “A esa manifestación estamos convocados todos e todas, todas as ideoloxías, todos os partidos, todo aquel que non estea de acordo co trato que se lle está a dar á nosa lingua está chamado a se manifestar o próximo domingo”, aseguran dende a Confederación de ANPAS galegas.
Dende a FAPACEL amosan o seu público apoio a esta convocatoria; polo que convidan a “sumarnos á mesma solicitando a todos os nosos asociados, e ao resto da cidadanía, a súa participación activa xunto cos demais galegos e galegas que volveremos a dicir que a Lingua é nosa, e que non imos permitir que nola aldraxen como o están a facer”.
“Dende o noso ámbito de actuación defendemos sempre a necesidade de que Galicia conte cun ensino público en galego, tanto na lingua de expresión, que debe ser vehicular en todas as materias comúns agás, loxicamente, do ensino doutras linguas, como na fixación dos currícula”, continúan.
“A nosa infancia e mocidade teñen que aprender cal é a nosa realidade, a nosa cultura, a nosa identidade, e iso teñen que o aprender en galego porque é a lingua que inventamos para describirnos, é a lingua que nos define e que nos acubilla”, afirman.
Por iso, “nós defendemos que o noso idioma ten que ter un trato absolutamente preferente nos plans educativos galegos, que debemos potenciar o seu uso maioritario no ensino galego, para que os que veñen detrás de nós o dominen, o coñezan, o utilicen e, por riba de todo, sintan por el o cariño, veneración e respecto que merece o maior dos nosos patrimonios: a Nosa Lingua”.
POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



