Cervo, 6 de febreiro de 2015- Cervo fixo entrega este venres das árbores que solicitaran os veciños a través dun pedido conxunto que promovera o Concello por segundo ano consecutivo. En total foron 20 as persoas que quixeron participar nesta iniciativa e que recolleron unhas 100 árbores de 42 variedades diferentes, entre as que se atopan froiteiras, forestais e ornamentais.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, participaron no acto de entrega ao que acudiron tamén as persoas solicitantes. Unha medida coa que o Concello pretende potenciar as pequenas plantacións domésticas apostando especialmente polas especies autóctonas.
De feito, esta é unha iniciativa complementaria ao programa de reforestación con especies autóctonas que está levando a cabo o Concello en terreos municipais, como os do Monte de Escarabelada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, e colaborando coas asociacións de montes comunais. De feito, nestes anos fixéronse plantacións con especies propias da zona en 17 hectáreas de terreo.
Con este programa “queremos extender nuestro compromiso con el medio ambiente y con la protección de nuestro entorno natural también a las familias y las plantaciones domésticas” asegura Alonso. Ao mesmo tempo a edil aproveitou para agradecer aos veciños a súa participación nesta iniciativa.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



